20/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Sabiámolo e denunciámolo en moitas ocasións, a reforma laboral non repercutirá favorablemente no emprego, todo o contrario, facilita o despedimento gratis e precariza, aínda máis as relacións laborais e o pouco emprego que quede.
A presión que exerce esta situación de
inestabilidade laboral xeral sobre os traballos
e traballadores aínda con contrato indefinido é
tal que as reivindicacións laborais e
económicas tenderán a ser poucas ou
inexistentes porque a oferta de traballadores/as
ansiosos/as por traballar de calquera xeito
freará o exercicio reivindicativo.
Xúntanse, deste xeito nunha teaza os elementos
que o goberno e a patronal configuraron para
que os traballadores e traballadoras
rematásemos pagando a súa crise co menor custo
para eles.
Por un lado lexíslase para que o despido sexa
gratis total, por outro as novas contratacións
fanse coa precariedade que o capital estableza,
afortalando a idea de que os traballadores e
traballadoras con contrato indefinido son uns “privilexiados”
queren, por tódolos medios ao seu alcance,
facer que estes traballadores/as se consideren
como tais para que non se movan non vaia ser
que perdan ese “privilexio”.
Esta nosa certeza confírmase coas estatísticas,
así os despedimentos por causas obxectivas
incrementáronse un 13,3% (5.298 máis) entre os
meses de xullo e outubro en comparación co
mesmo período do ano anterior. Nese período
producíronse 45.061 despedimentos por esta
causa, fronte aos 39.763 dun ano antes. E isto
prodúcese xusto nos meses posteriores á entrada
en vigor da reforma laboral.
Non podemos mirar para outro lado, temos que
afrontar a situación e darlle a resposta que
merece. Non podemos agardar máis nin retrasar
as accións que reclamamos desde fai anos, a
mobilización do 29 de setembro non chegou, pero
estableceu o camiño, un camiño que os
traballadores/as marcaron, superando con creces
as expectativas dos sindicatos pactistas que
fixeron a convocatoria.
O camiño está trazado, só temos que
seguilo. FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!, esta
que sexa xa indefinida
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript