decembro de 2010
 
 

20/12/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Resolución sobre a impugnación da convocatoria de probas selectivas para ingreso pola quenda libre na escala auxiliar

Quedou desestimado, en todos os puntos, o recurso contencioso-administrativo contra a convocatoria para probas selectivas de auxiliares administrativos.

 

  • Noticias relacionadas

Argumento da denuncia:

 
1º) CONVOCATORIA UDC: TER CUMPLIDOS OS 18 ANOS

 Lei 7/2007 Estatuto Básico do Empregado Público
:
Artigo 56. Requisitos xerais.

1.- Para poder participar nos procesos selectivos será necesario reunir os seguintes requisitos:
c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

Desestímase por:

A razón é que, ao ter 34 anos no momento da convocatoria, o denunciante non ten dereito nin interés lexítimo neste asunto.

Argumento da denuncia:

 
2º) CONVOCATORIA UDC: O TRIBUNAL DESTAS PROBAS SERÁ PUBLICADO…

Decreto Lexislativo 1/2008 Función Pública de Galicia: art. 33.1d

 d) Composición do tribunal cualificador ou, se é o caso, da comisión de selección.

Desestímase por:

Foi convalidado ao publicalo con posterioridade (con respecto a paridade do tribunal non se manifestou);

Argumento da denuncia:

3º) CONVOCATORIA UDC: TERCEIRO EXERCICIO PAQUETES INFORMÁTICOS OPENOFFICE
.

Lei 7/2007 Estatuto Básico do Empregado Público art. 61.2: Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que hai que superar e a adecuación ao desempeño das tarefas dos postos de traballo convocados, incluíndo, de ser o caso, as probas prácticas que sexan precisas

Decreto Lexislativo 1/2008 Función Pública de Galicia art.34.1:
as probas selectivas serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse aos postos de traballo que se vaian a ocupar.

Desestímase porque:

A soa consideración de esixir coñecementos de ofimática xa podería fundamentar a desestimación con respecto ó do paquete ofimático;

Argumento da denuncia:

4º) NON SE PUBLICAN OS CRITERIOS DO EXAME DE INFORMÁTICA NIN OS BAREMOS DE PUNTUACIÓN.

Decreto Lexilativo 1/2008 Función Pública de Galicia: art.33c - Probas e programas de procedemento selectivo, así como sistemas e formas de cualificación dos exercicios ou baremos de puntuación
.

DECRETO 95/1991 REGLAMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL: ART. 6.3G Sistema de calificación y puntuación mínima de cada prueba, así como el grado mínimo de conocimiento de la lengua gallega adecuado a la naturaleza y funciones de los puestos correspondientes a plazas convocadas.

Desestímase porque:

Os criterios de valoración do terceiro exercicio son suficientes.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript