02/11/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Este martes
pretenden aprobar a lei SINDE, se isto
pasa, PECHARÁN miles de webs de descargas
intercambios de arquivos.
Internet sera unha tele máis, ao servizo do
poder.
Internet Necesita-TE
http://www.facebook.com/l/08ea2;noalcierredewebs.org
Pola liberdade de expresión na Rede,
Non á censura. Non á Lei Sinde.
Non ao peche de webs!!!
Bancos e estado de alarma
O Goberno non tivo problemas para decretar o
estado de alarma e sacar o exército para
defender a liberdade de movemento dos 600.000
pasaxeiros que non puideron voar. Non obstante,
aínda non se decretou o estado de alarma cando,
tras saír ao rescate dos bancos e cubrilos de
miles de millóns para que desen crédito ás
pequenas e medianas empresas, estes non
soltaron nin un só euro, o que causou a quebra
de miles de empresas, a ruína de miles de
empresarios e miles de parados. Entón non se
decretou o estado de alarma, nin o exercito
ocupou as sucursais bancarias, nin os
banqueiros foron levados a punta de pistola ás
súas centrais para que concedesen préstamos,
nin sufriron o linchamento mediático como os
controladores. Pola contra, tendéuselles a
alfombra vermella para que tirasen balóns fóra
e a crise pagárona os cidadáns.
Privilexios e crise
O príncipe Carlos de Inglaterra, quizais en
virtude aos seus privilexiados pavillóns
auditivos, foi un dos primeiros intocables en
escoitar de preto o ruxido das masas cabreadas.
De que cor é o medo, principito? Como se sente
ao saber que o populacho ve no seu real status
unha provocación fronte a todas as vexacións
que padece?
A educación universitaria converterase en
Inglaterra nun couto
inaccesible para os que non pertenzan á elite.
É parte do plan, como a estratexia de dinamitar
os nosos dereitos laborais e sociais e
desmantelar definitivamente esa utopía da "sociedade
do benestar". Pero terán calculado ben ata onde
poden tensar a corda?
Cando aos pobos se lles arrebata a esperanza, a
historia ensínanos que as reaccións son
imprevisibles. Moitas revolucións derivan dese
excesivo desequilibrio na balanza. É o que ten
o odio. Escoitamos o seu profético
latexo un tempo antes da explosión. Tic, tac,
tic... pódeno oír? Está claro que eles non.
Os outros privilexiados do estado
Moito se falou ultimamente sobre a folga de
controladores aéreos, que se converteron no
saco de golpes dos consumidores, indignados
pola suspensión dos seus voos, e aos que a
clase política insulta e culpa da mala xestión
aeroportuaria. O Goberno contraataca cun estado
de alarma que supón a militarización dos
aeroportos, o que dá pé a que en calquera
momento un Goberno poida declarar tal estado
porque tal ou cual gremio está en folga. Isto é
moi perigoso, posto que supón a militarización
de sectores que loitan polos seus dereitos, xa
que os controladores esixen que se cumpran os
convenios asinados. "Privilexiados" foi a
palabra máis recorrente, pero oíla de boca de
alguén que cobra preto de 100.000 euros anuais
e que ten un soldo vitalicio soa a xolda.
Privilexiada é aquela persoa que, aínda que a
súa xestión pública sexa desastrosa e malgaste
o erario público, xamais será procesada por iso.
Mentres tanto, pídese escarmento en cacharela
pública para os controladores, mañá pedirase
par aos traballadores e traballadoras da
limpeza, aos que o alcalde da Coruña xa lles
lanzou un preaviso
"Non vou permitir que se tome como reféns aos
cidadáns por asuntos que son estritamente de
relación laboral", supomos que xa falaría co
exército para unha posíbel intervención.
Abriron a veda e van á caza do dereito a folga,
dende agora todas elas van ir filtradas pola
"defensa dos dereitos do cidadáns", "interese
xeral" e cousas polo estilo para xustificar a
súa prohibición e a represión sobre quen exerza
este dereito.
Reflexións tras o Cumio de Cancún
Segundo unha profecía dos indios Cre, chegará
un tempo en que os paxaros caerán do ceo, os
animais dos bosques morrerán, o mar
ennegrecerase e os ríos correrán envelenados.
Que extraordinaria predición, sobre todo no que
se refire ao desastre ecolóxico que estamos a
causar.
O cumio de Cancún rematou aprazando as
decisións importantes e sen abordar compromisos
cuantificados e verificables de redución de
emisións. Só algunhas solucións parches, como
algunhas medidas para a protección das selvas
tropicais, unha propinilla en axudas aos países
en desenvolvemento e un puñado de boas
intencións, resumen o éxito deste último cumio.
Tendo en conta os rumbos polos que se move o
crecemento económico e de poboación e o nulo ou
escaso éxito dos cumios internacionais, é doado
deducir o final da película.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript