20/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A regulación da banca a nivel internacional pasa por, de momento, tres acordos os de Basilea I (de 1988) e Basilea II (2004) non só non serviron para dotar á economía mundial dun sistema bancario máis san, senón que o danaron aínda máis. Basilea II esixiu niveis máis altos de capitalización, pero non freou as operacións especulativas realizadas polos bancos.
A principal característica de Basilea III
(2010) é a elevación do nivel de reservas duras
que deben manter os bancos nas súas operacións.
Nestes acordos sóbese o nivel de 2.5 por cento
a 4.5 por cento do valor dos activos, e iso
compleméntase cun amortecedor de 2.5 por cento.
Así, os fondos que cada banco debe manter como
reserva dura ascenden a 7 por cento dos
activos.
Pero a realidade é que o sector bancario
mundial descubriu hai tempo que pode sobrevivir
saqueando a economía real, e que en caso de
caer en bancarrota será rescatado
inmediatamente polos poderes políticos dos
estados, verdadeiros monicreques nas súas mans
multiplicando, aínda máis, as súas ganancias.
A banca necesitaría ata 602.000 millóns de
euros adicionais a escala mundial para facer
fronte ás esixencias de capital contempladas na
nova regulación do sector, coñecida como
Basilea III, que entrarán en vigor o 1 de
xaneiro de 2019.
O estudo analizou a situación dun total de 263,
dividíndoas en dous grupos, o primeiro dos
cales conta con 94 bancos considerados grandes
(aqueles ben diversificados, con presenza
activa internacional e un ratio de capital Tier
1 superior a 3.000 millóns de euros), e un
segundo grupo ao que pertencen as 169 restantes
de menor tamaño.
OS BANCOS EUROPEOS NECESITAN
291.000 MILLÓNS DE EUROS.
A nivel europeo, o Comité Europeo de
Supervisores Bancarios (CESB) desenvolveu o
estudo incluíndo 246 entidades do Vello
Continente, das que sete eran do estado
español. Do total de entidades analizadas, 50
bancos pertencían ao Grupo 1 e 196 ao Grupo 2.
Deste modo, o regulador destacou que de
aplicarse os criterios de Basilea III a finais
de 2009, os bancos do primeiro grupo
necesitarían 53.000 millóns para cumprir cun
ratio do 4,5% e 263.000 millóns para alcanzar o
7%.
Pola súa banda, os bancos do Grupo 2
necesitarían uns 9.000 millóns de euros para
cumprir co requisito do 4,5% e uns 28.000
millóns máis para alcanzar o ratio do 7%.
Se non reaccionamos, imaxinade de onde
sairán eses centos de miles de millóns de euros.
O sistema capitalista utiliza as crises do
mesmo xeito que utiliza as guerras. As crises
orixínanse pola avaricia desmedida do capital
arruinando a economía real dos estados,
rexenerándose a través da recapitalización
realizada polos xa paupérrimos estados.
Iniciando, deste xeito, un novo ciclo.
Estamos en plena batalla, o capital afogou a
economía dos estados, estes no canto de actuar
contra os causantes acoden a executar o segundo
paso, capitalizar, de novo ese avarento saco
sen fondo, para isto lexislan de xeito que os
que acabemos pagando sexamos nós, os
traballadores e traballadoras.
Os poderes políticos son claramente os
executores de políticas impostas desde o FMI e
demais esferas de poder do capital.
Nós témolo claro, este sistema non serve!.
Non aceptamos un sistema fundamentado na
explotación dos traballadores/as.A loita é de
clases e nós representamos á clase obreira.
Quedou demostrado que non chegou coa folga
xeral realizada o 29 de setembro, desde esa
data o capital seguiu actuando mentres os
traballadores/as estivemos “á espera”. Na
situación actual fai falta unha acción
contundente e continuada, non lles podemos dar
ningún momento para se recuperar, se non o
facemos as consecuencias sufrirémolas xa non só
nós, senón tamén as sucesivas xeneracións de
traballadores e traballadoras, cada vez máis
precarizados/as.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript