13/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Segundo o barómetro do CIS, do mes de novembro, os cidadáns pensan que quen manda no estado son os bancos. Non lles falta razón aos cidadáns aos que lles preguntaron, non obstante discrepamos con eles ao considerar que en segundo termo é o goberno e en terceiro as grandes empresas. Pensamos que as grandes empresas e a banca forman un conglomerado con máis poder que o goberno, marcando as pautas gobernamentais tanto na política económica como nas políticas sociais.
Así o goberno
socialista aplícase na implantación de
políticas neoliberais que favorecen os
intereses dese conglomerado de poder. Por un
lado regula, lexisla, para que o capital este
nas mellores condicións respecto dos dereitos
dos traballadores/as aplicando as políticas
deseñadas desde os centros de poder económico.
Por outro lado profundiza nas políticas que
diminúen o gasto social propiciando as
dinámicas privatizadoras do pouco que queda
socializado, estas políticas céntranse, neste
momento, na privatización das pensións e da
sanidade.
No que se refire ás preocupacións dos/as
cidadáns a
sondaxe, elaborada entre o 3 e o 11 de novembro,
recolle que a situación económica é "mala" ou "moi
mala" para o 76,5% dos/das preguntados/as.
En canto ao desemprego, foi citado polo 79,5%;
os problemas económicos pasan do 47,8 ao 47,9%;
a preocupación pola clase política e os
partidos mantense en terceiro posto cun 18,2%,
unha décima máis.
A Constitución, aínda
descoñecéndoa, non satisfai
Por outro lado, en clave social, case o 40% dos
enquisados declarase pouco ou nada satisfeito
coa Constitución de 1978 e preto da metade
asegura o mesmo cando se lle pregunta sobre o
funcionamento da democracia
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript