decembro de 2010
 
 

06/12/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O Reitor de Vigo cre que fai falta "valentía política" para cambiar a xestión dos fondos universitarios

O reitor de cadansúa das Universidade proxecta as expectativas sobre o Plan de Financiamento 2011-2015 dun xeito interesado. O reitor da Universidade de Vigo di que "Hai que financiar a produtividade non os alumnos".

 

  • Noticias relacionadas

 

 

O reitor da Universidade de Vigo (Uvigo), Salustiano Mato, advertiu de que fai falta "valentía política" para cambiar o paradigma na distribución de fondos para as universidades apostando "polos resultados" en vez de por criterios "cuantitativos" co fin de "loitar pola eficiencia".

Manifestouno nunha entrevista con RNE, recollida por Europa Press, na que recordou que as universidades galegas recibirán 390 millóns en 2011, o que interpretou como "unha boa noticia". "Conxelouse o presuposto para as universidades no seu conxunto con respecto a 2009, o que significa que non sufrimos o axuste,", sinalou.

A liña seguida, o reitor incidiu en que o que está por decidir é a "distribución" e insistiu en que "hai que cambiar o paradigma", financiando "non polo número de alumnos" senón pola produtividade e os resultados. "Psicoloxicamente é difícil e nós somos da idea que debería ser de golpe, pero aceptamos que se camiñe progresivamente cara a esa cultura", apostilou.

Mato admitiu que iniciar o seu mandato nun momento de crise económica o fai "máis difícil", ás veces "desesperadamente complicado", pero remarcou que ter que acometer proxectos nunha situación destas características tamén resulta "emocionante" porque obriga "a agudizar a imaxinación e a creatividade".

Por último, sobre a obtención da categoría de excelencia do Campus do Mar, considerouno unha iniciativa "moi acertada", aínda sendo consciente de que supón "un reto". "Pero é un reto apaixonante e temos a responsabilidade de converter o Campus do Mar nun centro de referencia de ciencia e tecnoloxía mariña", concluíu

Fonte: Xornal.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript