Este equipo reitoral quixo imprimirlle un xiro tan
radical á súa política co PAS que mesmo alcanzou os 360 graos
situándose, en moitos casos, nas mesmas posicións que viviamos co sr.
Meilán, é dicir pasouse de rosca.
Non nos referimos só aos incumprimentos respecto do
programa electoral. Actitudes coma as de ou estás comigo ou contra min,
a esixencia de obediencia ao absolutismo que emana das instancias que
gobernan, intentos de segregación do colectivo de PAS … xa se viviron en
etapas anteriores e agora resucitan.
O día 2 de decembro, o PAS estableceu claramente o camiño que quere
percorrer nos vindeiros 4 anos, e tamén indicou como quere percorrelo.
A nivel administrativo o galego é o idioma de referencia e uso común. Os CAF denuncian que a UDC é a única universidade galega onde un alumno pode rematar a carreira sen recibir ningunha clase no noso idioma.
A razón esencial da existencia dos sindicatos é servir de ferramenta para unir e activar as dinámicas de loita na defensa dos intereses da clase obreira. Se os sindicatos domesticados non cumpren esas obrigas votan por terra a súa razón de existir obrigando aos traballadores/as a buscar outra vía para se organizar.
O Goberno do Estado aprobará a reforma do sistema de pensións o vindeiro 28 de xaneiro e enviaraa de inmediato ao Parlamento para súa tramitación, segundo anunciaron os vicepresidentes primeiro e segundo Alfredo Pérez Rubalcaba e Elena Salgado, respectivamente, trala reunión do Consello de Ministros
O pasado mes de agosto estaba convocada unha folga por parte dos controladores aéreos que ao final foi paralizada para reiniciar as negociacións. Non imos ser nós os que defendamos o corporativismo desta profesión e o seu carácter de exclusividade, abofé que non, pero tampouco seremos os que ataquen as súas reivindicacións que eran sobre todo de índole social e non económica. Unha vez reaunadas as negociacións estas non avanzan e ante o cabreo da patronal, neste caso o goberno, a cousa remata cun decreto lei no que se lles obriga a traballar máis horas das que por lei teñen estipuladas. Na práctica isto significa romper a negociación colectiva cando a patronal o considera oportuno e impor as condicións que eles lles parece sen negociar, xusto o mesmo estilo que aplicaron na reforma laboral.

As participacións son de 5€
Con este novo crime xa son 66 as mulleres oficialmente asasinadas no que vai de 2010.
A reacción do establishment demostra que a estratexia de Assange funcionou. O sistema está perplexo ao ver a súa propia debilidade mental reflectida nun enorme espello dixital
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript