06/12/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A nivel administrativo o galego é o idioma de referencia e uso común. Os CAF denuncian que a UDC é a única universidade galega onde un alumno pode rematar a carreira sen recibir ningunha clase no noso idioma.
A cuestión da lingua
A UdC é a universidade do país con menos
presenza do galego nas aulas: sobre o total das
horas de aulas de todos os centros da
universidade, só o 10% se imparte en galego.
De feito, non é estraño que un estudante da UdC
remate a carreira sen ter recibida unha soa
aula en galego. Desde os Comités esiximos:
-Contabilización a efectos do POD das materias
impartidas en galego no seu primeiro ano de
aplicación.
-Desenvolvemento do Plano de Normalización
Lingüística e creación de prazas de perfil
lingüístico como mecanismo efectivo para
aumentar a docencia en galego.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript