Agosto de 2010
 
 

02/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

               

 

Xestionar a Vitoria.
Din que é máis difícil xestionar unha vitoria que vencer. A APA gañou as eleccións ao Claustro, queda agora moito camiño por andar, hai moito traballo que facer, de momento gozade da vitoria, facede unha comida ou cea asemblearia, algún de nós seguro que vos acompañamos, pero despois hai que poñerse a traballar. Demostrade, na práctica a diferenza que dicides ter, se non o facedes reclamarémosvolo.

 

Valoracións
Sempre me gustou saber as valoracións que a universidade fai dos procesos electorais, hoxe na prensa aparece a valoración do reitor sobre o proceso electoral no que ven a dicir que  "Un arrase", sería la evaluación del rector a estos datos desde una lectura "simplista" que rehusa: "A mí, esa lectura me complace mucho, pero lo veo como unas elecciones al claustro que también le van a poner las pilas al rector para que haga las cosas bien" (xornal Opinión).
Está contento o sr. reitor  e goza o momento, o PAS non é necesario só seremos un furúnculo que curará a base de autoritarismo e marxinación, sóavos a cantinela?.

Exame de auxiliares de servizos, o tribunal equivócase gravemente.
Sei que a proba que fixemos non se axusta á convocatoria. Sei que moitos compañeiros non queren repetir o exame. Sei que para moitos a solución do tribunal favorece as súas expectativas. Aínda mellorando unhas décimas con esta nova puntuación entendo que o que se fai coa decisión que tomou o tribunal é retrasar unha decisión que executada agora mesmo resultaría moito menos mala para todos posto que a resolución denunciarase con fundamentos xurídicos importantes, a sentenza do xuíz que será cando el queira  terá un ditame que baixo o meu limitado coñecemento será o de repetir a proba.

En mans de especuladores
A costa do sacrificio dos traballadores/as o Goberno do Estado reduciu o déficit público nun 47,3% ata outubro, a débeda é inferior á de Italia, Francia ou Alemaña, os bancos rescatámolos entre todos/as e varios obtiveron a máxima cualificación nos test de estrés. O FMI gabou as medidas antiobreiras do Goberno contra a crise e afirmou, como o fixo no seu día con Grecia, que a situación do Estado é diferente da irlandesa. Ningún destes datos importa. Os rumores mandan, os titulares venden, os mercados entran en panic mode, a racionalidade non existe.
Os dereitos sociais e o sistema de benestar están en mans dos especuladores. Os políticos empeñanse en solucionar a través rescates sufragados co noso diñeiro en lugar de regular os mercados para que estes terroristas da economía non poidan atacar a estabilidade financeira do país.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript