Número 59 - 29 novembro 2010
 
 
     UNIVERSIDADE

    O día 23 de novembro o Comité foi informado de que no exame realizado o domingo 21, para cubrir 38 prazas de auxiliares de servizos na universidade da Coruña, incumpríronse claramente as bases da convocatoria. Tras facer unha análise da gravidade do incumprimento, e logo de facer a consulta xurídica pertinente, chegouse á conclusión de que era necesaria a interposición de recurso de alzada par axilizar a solución.
    * O comunicado do Comité é anterior á decisión tomada polo tribunal.
    * O Reitor non respostou o recurso que interpuxo o Comité.
    * Coa finalidade de aclarar as dúbidas legais que van aparecendo, a decisión do tribunal deberá ser analizada polo Comité de Empresa.

UNIVERSIDADE

    Os Comités Abertos de Facultade, que no último Claustro da Universidade criticaron as liñas xerais da programación plurianual e orzamentaria 2011-2013 por considerar que a institución limítase a “xestionar a miseria” pecháronse na Aula Net da Facultade de Ciencias da Educación.

    Esixen, entre outras cousas, "o aumento do horario da Aula Net, desa facultade e tamén das de todo o campus da Coruña, e a contratación de máis persoal para atendelas". Coincidimos na reclamación e solidarizámonos coa súa loita.

LABORAL

    A CUT esíxelle ao Comité que sitúe na primeira liña das súas prioridades esta defensa de todos os postos de traballo (moitos non recollidos na Oferta de Emprego), no canto de teimar unha e outra vez, coma se fose o máis grave, na composición duns tribunais para unha suposta OEP que lle preocupan máis aos membros dos sindicatos con representación na CRTVG que ás ducias de traballadores e traballadoras que nestes momentos están a ver perigar o seu futuro laboral.

   LOTERÍA

    As participacións son de 5€

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    Incluso pretenden utilizar esa escusa para xustificar a falta de diñeiro no capítulo I. Por quén nos toman?. Queren, coma sempre, que paguemos a súa incompetencia..

     

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.

     

    VIOLENCIA DE XÉNERO
    Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, alcumadas na clandestinidade “as bolboretas”, eran tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960, a mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. As tres irmáns convertéronse dende entón en símbolo da resistencia, tanto popular como feminista. O 25 de novembro foi declarado na súa memoria día internacional contra a violencia cara a muller no Primeiro Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Colombia en 1981.

     

    ECONOMÍA

    Os mercados, eufemismo baixo o que se esconden os intereses do capital quere impoñer a aplicación máis restritiva e leonina da reforma laboral.

    Presionan constantemente para que se apliquen xa as medidas deseñadas polo goberno do estado e cando estas se apliquen non lles chegarán e quererán máis e máis, móstranse, outra vez, como insaciables depredadores neste terreo.

    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript