Agosto de 2010
 
 

02/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

               

 

No mesmo punto.
Acabo de ver o comunicado do tribunal, só teño que dicir unha cousa, estamos no mesmo punto que estabamos.
A solución dada ao problema repite o erro, o feito de valorar diferente as preguntas tamén vai contra a convocatoria que di: "Todas as preguntas terán a mesma puntuación".
Estamos bos.

 

Unha semana na que se nos parou o corazón.
O domingo 21 coa tensión normal nestes casos fixen o exame de auxiliares de servizo, xógome o futuro, non só persoal, tamén o dunha familia que, debido á situación xeral depende, agora mesmo, do meu paupérrimo soldo.
O martes paróuseme o corazón, souben que o Comité denunciara a proba, despois de chorar ese día completo, tiña 60 preguntas ben feitas e sabía que algunhas eran impugnables, tiña a seguridade de que seguía adiante no proceso.
Despois de racionalizalo entendín que a actuación do Comité era o mellor que se puido facer dada a situación. Agardo agora unha solución rápida e racional que non prexudique a ninguén e menos ás que nos preocupamos en preparar a convocatoria, co esforzo persoal e familiar que supuxo, eu xa non teño días para prepar máis probas.



Que o Sr. Reitor se pronuncie xa!.
Non se nos pode ter nesta incerteza e moito menos condenarnos, se é o caso, a repetir o exame dentro de meses, iso conculcaría, ao meu entender, dereitos fundamentais.
Non pode ser que xente que non preparase no seu momento a proba, agora teña tempo para competir prexudicando a outros, coma min, que nos esforzamos en preparala.


Demasiado radical.
Paréceme demasiado radical a posición de repetir a proba. Non habería un xeito de eliminar preguntas, mediante sorteo, e despois facer, do bloque II, só as 11 que parece que se puxeron demais?. Se é posible negociádeo.
Non permitades que se poidan presentar os que non acudiron ao exame o día 21. Isto sería imperdoable.



 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript