novembro de 2010
 
 

15/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Situación do PAS laboral

A Universidade e a Xerencia saben que a RPT proposta non é a satisfactoria, por iso querían que fose coa aprobación do órgano de representación para, deste xeito, liberarse desa responsabilidade e que caese sobre o Comité de Empresa.

 

 

Convenio Colectivo:

“Artigo 11

As Relacións de Postos de Traballo (en adiante RPT), de acordo coa lexislación vixente, son o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal de acordo coas necesidades dos servizos e onde se precisan os requisitos para o desempeño de cada posto de traballo, ao se realizar a creación, a modificación e a supresión de postos de traballo a través delas.
De acordo co previsto no artigo 91.3 dos Estatutos da UDC, cada dous anos, e potestativamente cada ano, revisarase e aprobarase a RPT do persoal laboral que será establecida por proposta da Xerencia, logo da negociación co Comité de Empresa.”


No seu momento, durante a negociación, a Xerencia encargouse de aclarar os aspectos semánticos da frase. “Negociar non significa acordar”, “a Universidade ten que ter as mans libres, se non hai acordo poderá., co informe negativo, seguir o procedemento establecido para a súa execución”.

Se a “proposta” de RPT fose tan boa como se indica desde determinados ámbitos podía optar pola vía de seguir a súa tramitación e aprobala, con ese informe negativo, no Consello de Goberno e despois convalidala no Consello Social.

A Universidade e a Xerencia saben que a RPT proposta non é a satisfactoria, por iso querían que fose coa aprobación do órgano de representación para, deste xeito, liberarse desa responsabilidade e que caese sobre o Comité de Empresa.

Desde que aló polo mes de xullo se lle transmitiu á Xerencia o rexeitamento da “proposta” de RPT polas asembleas, a Institución escolleu a opción de levar a unha vía morta ás demandas do colectivo.

Chegamos así a finais do mes de outubro coa ameaza de que debido á falta de orzamento (non se dixo onde foi parar o que xa estaba asignado) nin sequera se podería aborda a “proposta” levada as asembleas todo iso metido nunha nebulosa de desinformación.

A falta de información aínda é hoxe un factor co que xoga a Xerencia, non sabemos, a día de hoxe, que opción de saída poida ofrecer a Xerencia á situación actual nin que soporte económico ten calquera alternativa que poida presentar.

Polo que parece a opción do equipo reitoral, incluída a Xerencia, é que a esta crise, aos efectos que teña na nosa Universidade, convida o PAS laboral, queren que nós paguemos os pratos rotos.

A pregunta é: imos consentilo?

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript