novembro de 2010
 
 

15/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Consello de Goberno do día 17

O vindeiro día 17 haberá novo Consello de Goberno. Coma sempre case todo xirará arredor de aspectos relacionados co PDI.

 

 

 

Dicimos que case todo porque no punto nº 14 aprobarase o Plano de Formación do PAS 2011-2013.

Como fixemos público en ocasións anteriores, e aínda que pensamos que o plan de formación é necesario, manifestaremos o noso desacordo cos termos do articulado no que se constata, de novo, a discriminación do persoal interino e contratado á hora de ter acceso a esa formación.

Dixémolo sempre e repetímolo agora, mentres que un traballador/a teña contrato ten que ter o mesmo trato por parte da Institución.

No punto nº 15 trátase da modificación puntual da RPT de pas funcionario pola integración da Facultade de Económicas e da E.U. de EE. Empresariais.

Partimos da base que esta circunstancia xa se contemplaba nos acordos que no seu día subscribiron a Xunta de Persoal e a Universidade.

Como norma xeral, o noso sindicato non está de acordo en usar este procedemento para substituír a negociación da RPT, pero en circunstancias específicas e cando a Universidade e traballadores así o acorden cremos que é unha ferramenta que se pode, e debe, usar para non prolongar innecesariamente situacións indesexables.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript