02/11/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Marcos e Pepe.
Oes, Marcos, dis que a CIG
vainos convocar a unha folga xeral para que a
crise non a paguemos os traballadores. Porque,
logo, aquí na UDC fala da crise para aceptar
unha proposta de RPT que non queremos os
traballadores?.
Porque aquí goberna Pepe, porque aquí goberna.
Non
entendo nada
A xerencia está ocupada por unha persoa que
ven directamente do mundo sindical e
especificamente dunha organización que presume
da súa proximidade e defensa dos traballadores.
Ninguén lle pode chamar a
atención de que non se pode estar nesta
situación por dous motivos ao meu xeito de ver:
- Á Universidade ten que interesarlle que os servizos funcionen e para iso teñen que estar axeitadamente dotados (a non ser que queira privatizalos).
- Aos traballadores non se nos pode tratar deste xeito por moita crise que se queira introducir na negociación. Onde están os cartos dos orzamentos?
Que din os dirixentes do seu sindicato?. Onde están para poñer orde?.
Representáronnos a todos/as
Os traballadores pechados até fai uns días
representaron o sentimento de moitos
traballadores da UDC, funcionarios e laborais.
Eu, funcionaria, non me queixo de aspectos
económicos, quero sinalar o desleixo do equipo
de goberno dos principios que me levaron, no
seu momento, a votalos.
Caeu, este equipo, insisto nos mesmos erros que
equipos anteriores, aferráronse, porque éramos
necesarios, aos nosos votos. Hoxe esquécense de
nós porque xa non o somos..
Fixestes ben en saír, que non vos boten a culpa.
Na miña modesta opinión creo que os pechados
fixeron ben en cesar na súa postura cara á
Universidade, só faltaría que agora os culpasen
de ser os responsables de non chegar a acordos.
Córrese pola Reitoría, segundo me din, que a
xerenta está moi cabreada, que case non saúda.
Veulles ben un tratamento de humildade que non
agardaban. Máis cedo que tarde terán que dar
solución á situación que eles, o equipo ou a
xerencia, crearon, por iso está ben que estes
traballadores non poidan aparecer como un
obstáculo para poder acadar o consenso que o
PAS precisa urxentemente
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript