novembro de 2010
 
 

08/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

O sr. Reitor comete importantes erros

Descoñecemos as valoracións que, das mobilizacións do PAS, se está a facer no equipo reitoral. Pensamos, non obstante, que o sr. Reitor está a cometer importantes erros que, de continuar, minarán, cada vez máis, a súa credibilidade dentro do colectivo.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

  • A súa falta de sensibilidade ao ignorar a dous traballadores que, desde fai case dúas semanas estan pechados na Reitoría.

    Neste eido a Xerenta volveu dar orde de illalos dos seus familiares e amigos durante a fin de semana. Unha vez máis non poderán recibir visitas, aínda que o edificio está preparado para manter a seguridade illando a parte onde se está efectuando o peche do resto da Reitoría (esta zona xa está vixiada por cámaras de xeito permanente).
  • Politicamente sabe o sr. Barja que máis tarde ou máis cedo ten que dar unha solución aos compromisos que están asinados e que ven retrasando a súa execución desde fai case cinco anos.
  • Tampouco cola que agora non teña diñeiro para trasladar unha proposta de RPT, os orzamentos de 2010 recollían ese compromiso. Onde van os cartos?

    Non ten escusa o sr. Reitor neste eido. Non se pode presumir de cumprir os pactos e, ao mesmo tempo, actuar deste xeito. De que nos serve ter asinadas as promocións e comprometidos os cartos para a RPT?.

 

A estratexia do equipo reitoral, ducho nas labores sindicais, é a do desgaste. Pensa que co simple feito de non escoitar, non darse por “enterado” da situación esta se solventará soa polo desgaste físico, psíquico e emocional que, co simple paso do tempo, sufrirán os pechados.

El, o Reitor e demais equipo, poñen as pedras necesarias no camiño para que o desánimo cunda entre os dous compañeiros.

Utiliza, neste caso como en moitos outros, o silencio administrativo.

Que saiban de antemán que non lles vai dar resultado. Cando comezaron a acción sabian que se podería alongar. Están preparados para afrontar un longo período nestas condicións. Se a loita é de resistencia, resistirán.

Desde aquí o noso profundo agradecemento a todos/as os/as traballadores/as que o día 5 se mobilizaron en solidariedade cos compañeiros pechados e polas xustas reivindicacións que, coa súa postura, defenden.

Reiterámolas, unha vez máis, por si alguén as esqueceu:

 

  • Que a Universidade presente unha RPT que corresponda co Plan Estratéxico da Universidade, Programación Plurianual 2009-2010 e os Orzamentos aprobados para 2010.

  • A inmediata execución das promocións comprometidas desde o II Convenio Colectivo (ano 2006).

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript