02/11/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
O comprometido é débeda!.
Estes días de comunicados incesantes, choca ler
certos argumentos, por exemplo, o de que nos
digan a estas alturas que si a RPT estivese
asinada outro galo cantaría non deixa de ser un
brinde ao sol. Máis asinado que están as
promocións non o pode estar nada nesta
Universidade, xa choveu!.
Visto o visto. Que seguridade hai en que se
cumpra algo asinado con este Reitor?.
Está clarísimo, con este home, e con calquera
que veña, se non nos facemos valer, o PAS imos
ser a última mer.. da Universidade. Iso da
Comunidade Universitaria existe só para os
discursiños e para as arengas.
Nesta Universidade só se defenden os intereses
dun dos colectivos que a formamos, non importa,
neste caso, pasar por riba, pisar, os dos
outros.
O importante é a fachada.
O equipo reitoral optou pola capa de pintura de
progresismo á fachada da Universidade, cando se
entra o tufo ao pasado dáche unha patada no
peito que te bota para fóra.
Debaixo das tupidas alfombras dalgún dos
despachos atópanse acochados os “pecados” que
na actualidade se cometen de xeito cotián.
Arredor da nosa Universidade xiran un montón de
empresas que, utilizadas como satélites,
lévanse unha suculenta tallada do orzamento
universitario.
Nesta partida, o capítulo VI, o gasto non ten
límite, se alguén o investigase con calma a
estes que din non ter un euro para cumprir o
pactado, cando menos, caeríalles a cara da
vergoña.
Non hai cartos, tampouco hai humanidade.
Cando me publiquedes esta carta no voso xornal,
os pechados chegarán á súa segunda semana de
encerro.
Non me referirei ás cuestións reivindicativas
da protesta, vou falar do factor humano.
Resúltame incomprensible e intolerable que
xente de esquerdas mostre un talante tan
radicalmente separado dos principios
humanitarios. Non se pode ter a dúas persoas
nas circunstancias en que están estes dous
compañeiros, sen unha palabra, sen un xesto.
Señor Barja, de que planeta é vostede?.
Incomprensible.
Persoal de Administración e Servizos (programa
do sr. Reitor, ano 2003).
A
profesionalizaicón da xestión universitaria
será un dos principais obexectivos da nosa
acción de goberno. A existencia de estruturas
administrativas profesionalizadas que
permanezan con independencia dos sucesivos
equipos de goberno é o primeiro paso para
lograr unha
administración moderna, eficaz e operativa,
unha administración de calidade que realice un
aproveitamento óptimo dos recursos e que
redunde no desenvolvemento dunha docencia e
dunha investigación de calidade.
A
estabilidade no emprego e a
promoción profesional…
Comprometémonos a elaborar unha Relación de
Postos de Traballo (RPT) baseada nas
necesidades reais da administración…
Tras a aprobación da RPT, que terá lugar cada
dous anos….
Xa non sigo. Non podo parar de rirme. En 2010 e
non se cumpriu nada.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript