02/11/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Como primeira medida, o
sr. Reitor prohibiu as visitas. Durante os 3
días festivos non puidemos xuntarnos con
ninguén, non vaia a ser que a solidariedade se
espalle e o problema se multiplique.
Non se pode aducir, neste caso, a falta de
seguridade, a Reitoría permite que se fagan
accesos restrinxidos segundo as zonas.
Podíase, incluso, limitar o acceso ao
vestíbulo, o amplo espazo diante de rexistro,
no que puidésemos falar coa familia, amizades e
compañeiros/as.
Estes, que presumen da súa progresía, utilizan
os mesmos métodos que os que se utilizaban en
épocas de infausto recordo: non escoitar
e illar.
Lembrar, hoxe, os motivos polos que, no seu
día, moitos de nós pedimos o voto para eles
produce congoxa.
Ían (íamos) cambiar a Universidade e resulta
que se goberna mirando para os de sempre. Hoxe
a universidade volve a ser unha balsa de aceite
(como nas mellores épocas de Meilán) só
sacudida polas reclamacións do PAS.
As reclamacións son fáciles de explicar:
Que cumpran o pactado!.
Mentres que se dilapidan os cartos, por exemplo
cambiando a moblaxe da Reitoría, sen facer
verdadeira falta e tiran 107.000 euros na
externalización dunha páxina web que ninguén
entende, cando, na institución, hai persoal
máis que capacitado para sacala adiante en
mellores condicións técnicas. Etc. etc. etc..
Resulta que din que non hai cartos para cumprir
os compromisos pactados nos orzamentos e os que
se adían desde o ano 2006.
Que pasa, non hai cartos só para o PAS, neste
caso, laboral?
Non hai volta atrás.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript