Agosto de 2010
 
 

02/11/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

               

 

Os fontaneiros e o aforro.
Oes Marcos, Barja di que non ten cartos. Aforra cos fontaneiros?
Ben, os fontaneiros son docentes que exercen a función propia dun PAS, para ilo rebáixanlle a carga docente, o departamento xunta varias destas rebaixas de docencia e faise  a contratación dun PDI, ou varios, así que:
O fontaneiro cobra por docente, cobra o complemento propio pola fontanería e agora ten o privilexio, grazas ao aprobado recentemente en Consello de Goberno, de que lle compute para méritos. Por outra banda hai que contratar a outro docente para que o substitúa. Pódoche dicir Pepe, que non se aforra nada.
E logo, Marcos, que gaña Barja cun fontaneiro.
Un amigo, Pepe, un amigo.

Pero estes non estaban comprometidos co que prometían?
Pois xa se ve:
A precarización estendéndose a pasos axigantados (3+3, bolseiros en postos de PAS…).
Non íamos acabar coas ETT?
Non había un compromiso coa profesionalización?
Non íamos rematar cos fontaneiros?
A externalización de servizos cada día é maior. Non estabamos polos servizos públicos?.
Viven ben os mesmos que vivían ben con Meilán, as migallas cómenas outros, os que criticaban aos que as comían antes.
Esta é a Universidade que queriamos?. Eu non os votei para isto. Agora hai que botalos a vostedes.
É tristísimo ver como os que se postulan para cambiar as cousas, ao remate, se integran graciosamente na engrenaxe, pasoulles co bipartito na Xunta e pásalles habitualmente onde gobernan.
 Señor Barja. Señora Xerenta, en que se diferenza, a pequena escala, a súa xestión da de Feijoo, Esperanza Aguirre…?
.


Así non
Entraron pola porta grande, apoiados polos colectivos máis sensibles ás políticas de esquerdas, os alumnos e o PAS, hoxe os alumnos cada día están máis desmobilizados e o PAS desencantado, cando non enganado.
Moitos agardaban un cambio radical, unha Universidade nova. Nin unha cousa nin outra, todo segue igual.
Cando se goberna é máis fácil mirar para a dereita que para a esquerda. Hoxe xa non precisan eses colectivos para gobernar. Os Meilanistas non precisan atopar candidato, xa o teñen, será o sr. Armesto ou outro da súa órbita que presume do seu esquerdismo, das súas calidades democráticas, de que nel/nela podemos confiar, e xa se ve.
O poder, e o soldo,  abducen, senon que llo pregunten á Xerenta.
Así non nos interesan vostedes como gobernantes de nada.


Menten coma canallas
Din que non hai cartos, o compromiso das promocións está adquirido desde o ano 2006. Cantos cartos non levan aforrados co retraso?.
Teoricamente ían incluídas, as promocións, na funcionarización. Se daquela había cartos como é que agora desapareceron?.
No Convenio Colectivo asinado no 2009 había un compromiso de que na RPT dese ano se contemplarían esas promocións. Onde van os cartos?.
Unha de dúas ou nos queren enganar como bobos, ou  pensan que non facemos contas.
Como é posible que asinen compromisos sen ter sustento económico?.
De que serve o papel onde vostedes asinan?. Isto dígollo eu Señor José María, serve para poñer no váter por si algún día nos esquecemos do papel hixiénico.
Dentro de pouco, quédalles un ano, coa desfachatez habitual pedirannos o voto, co meu non conten.




 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript