25/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
«Os máis sociais da historia recente», así presentou Zapatero os orzamentos para 2011, presumiu de que o 58% do gasto irá destinado a satisfacer as necesidades sociais. Tamén se dixo que isto significaba unha porcentaxe sen precedentes, pero unha análise pormenorizada leva á conclusión de que esta alta porcentaxe non se alcanza polo crecemento das políticas sociais senón pola diminución das outras partidas (un 22%) o que da unha falsa sensación de incremento no gasto social.
O certo é que o
presuposto destinado a políticas sociais
sofre un tallo de 3.043,8 millóns. Sendo os
máis afectados polos recortes as familias e
colectivos desfavorecidos (inmigrantes,
xuventude, mulleres, terceira idade e
menores).
A desaparición da axuda de 2.500 euros por
nacemento dun fillo a partir de xaneiro do
2011 é o maior recorte asistencial incluído
nos presupostos do 2011 (1.200 millóns). A
isto súmase a decisión adoptada no decreto
de axuste de maio de recortar a pouco máis
da metade a xa concisa axuda por fillo a
cargo da que se beneficiaban unhas 144.000
familias, as de ingresos máis baixos. A
axuda por fillo a cargo pasou de 500 euros
ao ano a 291 (24,5 euros ao mes) para as
familias cunha renda anual de ata 8.264,28
euros. A medida aforrará uns 90 millóns ao
Estado. Ademais, o Goberno decidiu aprazar
indefinidamente a ampliación de
O programa de servizos sociais para a
terceira idade sufrirá no 2011 un recorte
de 17,63 millóns (o 8,6% do total).
Outros servizos sociais, como o plan sobre
drogas sufrirá unha mingua do 12,5%.
O programa de integración dos inmigrantes
cae un 23,8% respecto do 2010.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript