O día 19, o Comité de Empresa tivo unha reunión coa Xerencia, nela transmitíusenos que, aínda que se agarda recibir da Xunta unha cantidade semellante á deste ano, non se poderá engadir prazas novas na RPT.
As universidades repartiranse 19,5 millóns de euros en base a obxectivos. Deles, un 30% serán para obxectivos centrados na investigación, menos de seis millóns para as tres..
Na remodelación gastáronse 1.800.000 euros, ningún dos dous edificios ten dotación de persoal, se non hai RPT recorrerase, sen dúbida, á privatización e precarización dos postos que correspondería integrar na devandita RPT.
Xa sabiamos que a política económica márcase desde o Fondo Monetario Internacional (FMI) e outros órganos do poder real. Precisamente o FMI ven de votarlle un xerro de auga fría ao optimismo do Presidente do Goberno.
«Os máis sociais da historia recente», así presentou Zapatero os orzamentos para 2011, presumiu de que o 58% do gasto irá destinado a satisfacer as necesidades sociais. Tamén se dixo que isto significaba unha porcentaxe sen precedentes, pero unha análise pormenorizada leva á conclusión de que esta alta porcentaxe non se alcanza polo crecemento das políticas sociais senón pola diminución das outras partidas (un 22%) o que da unha falsa sensación de incremento no gasto social.
A banca mantén o a retribución dos accionistas a pesar da crise. Repartirá 7.400 millóns con cargo a 2010.
Máis claro auga, os traballadores/as somos os “primos” que imos pagar a crise dos ricos.
Mentres a traballadores e traballadoras se nos reclama o sacrificio permanente, os capitalistas viven na opulencia. Para nós a precariedade e o paro, para eles máis ganancias.

Non hai novidades
A patronal propón, dentro do marco sobre negociación colectiva, que os empresarios non só poidan optar por incumprir o acordo en materia de incremento dos soldos, senón en todos os ámbitos do acordo laboral.
Cando a patronal fixo valoracións sobre a reforma laboral sempre dixo que lle parecía insuficiente, agora, na apertura da negociación sobre os convenios, quere introducir os aspectos que lle faltaban á reforma para ser, segundo eles, aceptable.
Feijoo dixo que os presupostos de 2011 están inspirados “no rigor e no interese xeral”, salientou que “estas contas garanten a estabilidade, a solvencia, o investimento e as prestacións do benestar.
O señor Feijoo utiliza os mesmos argumentos que Zapatero (levándose tan mal e facendo as mesmas políticas) para facernos crer que os seus orzamentos “garanten a prestación dos servizos públicos na Comunidade, aos que se dedica tres de cada catro euros do gasto.
O martes día 26, reunión do Comité
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript