25/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As universidades repartiranse 19,5 millóns de euros en base a obxectivos. Deles, un 30% serán para obxectivos centrados na investigación, menos de seis millóns para as tres.
As grandes cifras xa se coñecen. Un
total de 390 millóns de euros para o 2011,
o que falta é fixar os criterios para
distribuír o 90% dos recursos que forman
parte do financiamento estrutural da Xunta
ás universidades. Porque as partidas
ligadas única e exclusivamente a obxectivos
son mínimas se se comparan cos fondos
básicos -para o mantemento das instalacións,
persoal e gasto corrente-. Dos 390 millóns,
só un 5%, 19,5 millóns de euros,
repartiranse en base a obxectivos. Deles,
un 30% o serán para obxectivos centrados na
investigación, menos de seis millóns para
as tres.
Outro 15% (2,92 millóns) recoñecerá o
esforzo en materia de transferencia de
tecnoloxía; un 25% (4,87), os obxectivos
ligados á docencia; un 10% (1,95), á
internacionalización; mentres que o resto,
case catro millóns, repartiranse en
adaptación ás necesidades sociais, a
xestión, a responsabilidade social e para
potenciar os campus de Ferrol, Lugo,
Pontevedra e Ourense.
Falta agora establecer os parámetros para
repartir os 351 dos fondos estruturais.
Unha das propostas expostas é que dentro
deste apartado incluír unha pequena
cantidade, entre un 1 e un 3%, na que tamén
entren en funcionamento criterios de
obxectivos.
No plan anterior ao que está vixente
actualmente, o criterio era o financiamento
por alumno. Este parámetro está totalmente
obsoleto.
O criterio actual é o gasto corrente das
institucións, sobre todo no que se refire
ao seu capítulo de persoal. Nunha das
primeiras comparecencias tras empezar a
negociar a Xunta o novo plan de
financiamento das universidades, deuse a
coñecer que os gastos de investigación
tamén estarían incluídos nesta partida
básica.
Os tres reitores manifestaron a principios
desta semana a súa inquietude pola
repartición, xa que todos consideran que
non poden recibir menos porcentaxe do total
que este ano, pero a torta segue sendo a
mesma a distribuír entre as tres
institucións.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript