25/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Feijoo dixo que os presupostos de 2011 están inspirados “no rigor e no interese xeral”, salientou que “estas contas garanten a estabilidade, a solvencia, o investimento e as prestacións do benestar.
O señor Feijoo utiliza os mesmos argumentos
que Zapatero (levándose tan mal e facendo as
mesmas políticas) para facernos crer que os
seus orzamentos “garanten a prestación dos
servizos públicos na Comunidade, aos que se
dedica tres de cada catro euros do gasto”
Pois si que debe ser certo, pero en principio
recortou as partidas dedicadas a satisfacer as
necesidades sociais un 5%, o que pasa é que o
resto diminúen un 24,7%.
Así as cousas, o sr. Feijoo, reduce
sensiblemente o financiamento para manter
servizos públicos elementais.
O capítulo I, gastos de persoal, A parte do
aforro derivado do desconto do 5% ao persoal da
Xunta desde o mes de xuño, este capítulo cae un
4,15 por cento debido, a que a Xunta cubrirá as
vacantes de persoal con traslados sen novas
contratacións.
Deste xeito reduce os traballadores públicos
que sustentan a atención ao cidadán. Métenos,
así, nun círculo diabólico, menos persoal,
menos asistencia e menos calidade na que se
outorga, por outra banda isto orixinará mais
asistencias externas e polo tanto máis
privatización.
No que se refire a investimentos, a Xunta
destina 804 millóns de euros de capital propio,
o resto, uns 500 corresponden á Sociedade
Pública de Inversións (SPI) e á financiación
público-privada, dese xeito máis da terceira
parte do que se invista será privado, un bo
xeito de continuar coa privatización
xeneralizada á que se pretende chegar.
Aínda así este capítulo diminúe un 14%. Gábase
o sr. Feijoo de que, de non recorrer ao
financiamento público-privado a caída sería do
36%.
Coa xeneralización do financiamento
público-privado, o señorito, vende a
administración pública por parcelas.
En definitiva un cóctel encamiñado á diminución
dos servizos públicos tanto en calidade como en
cantidade, ao mesmo tempo ponnos na autoestrada
camiño á privatización total da administración
o que prexudicará sen dúbida aos, cada vez máis,
galegos e galegas que menos capacidade
económica posúen.
O sr. Feijoo facendo país, o seu e o dos seus
amigos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript