outubro de 2010
 
 

25/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Santiago e Vigo xa son excelentes

O Campus do Mar, proxecto liderado pola Universidade de Vigo e no que tamén participan as da Coruña e Santiago logra o selo de excelencia rexional, con iso recibiu a máxima achega económica 5,3 millóns de euros.

 

  • Noticias relacionadas

 

Esta cualificación é un activo inmaterial, un selo que dá prestixio e que axudará a captar talento e a asinar pactos con outras universidades estranxeiras. De feito, esta iniciativa trata de apoiar os proxectos máis punteiros para que as universidades se poñan de acordo entre si e con empresas, hospitais e organismos de investigación, para que intenten converterse en referencia internacional na área elixida.

O proxecto vigués recibiu a máxima achega económica posible, 5,3 millóns de euros, a mesma cantidade que outras tres iniciativas que recibiron a categoría CEI e outra do nivel CEIR. Este diñeiro son créditos, en condicións moi vantaxosas, que recibirán as universidades a través da comunidade autónoma, pero que haberá que devolver no seu momento, aínda que teñen varios anos de carencia (tempo durante o que non se reintegra o principal do crédito).

Había outro proxecto galego que tamén aspiraba a alcanzar a cualificación CEI, Campus Vida, da universidade de Santiago de Compostela, que tampouco o conseguiu. Pero esta iniciativa xa logrou na primeira edición do ano pasado a categoría campus de excelencia de ámbito rexional, e o xurado decidiu que para dar o paso á cualificación de excelencia internacional teñen que pasar dous anos de desenvolvemento do programa. Por esta razón, Campus Vida deberá esperar á edición do ano que vén para solicitar o selo CEI.

Poderiamos facer moitas críticas aos dirixentes desta Universidade que non conseguen nin presentar un proxecto con expectativas, eles non se cortan nas críticas ao PAS, nos non imos tropezar na mesma pedra.

Mentres que a Universidade da Coruña está "paralizada" a Universidade de Vigo di non temer a rebaixa de finaciamento da Xunta, ela explora outros lugares onde conseguilo, así ven de lograr entre 6 e 8 millóns do FEDER  e aspira, tamén, a lograr parte na tallada do INNOCAMPUS, dotado con 100 millóns de euros.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript