25/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A patronal propón, dentro do marco sobre negociación colectiva, que os empresarios non só poidan optar por incumprir o acordo en materia de incremento dos soldos, senón en todos os ámbitos do acordo laboral.
Cando a patronal
fixo valoracións sobre a reforma laboral
sempre dixo que lle parecía insuficiente,
agora, na apertura da negociación sobre os
convenios, quere introducir os aspectos que
lle faltaban á reforma para ser, segundo
eles, aceptable.
Quérennos sen marcos normativos de
referencia, así todos os seus desexos, a
nivel laboral, poderán convertelos en
realidade, é dicir, todos escravos.
Vista a debilidade amosada polas
organizacións sindicais a CEOE pasa ao
ataque, xa non lle chega co descolgue da
parte económica dos convenios pretende que
todo o acordado sexa papel mollado.
Non fai moito que fixemos unha gran folga
xeral, o feito de non continuar polo camiño
emprendido o 29 de setembro axita as
expectativas empresariais que, ao ver como
os sindicatos maioritarios a nivel estado
esconden a cabeza, queren cada vez máis, a
costa de quitárnolo todo a traballadores e
traballadoras.
A situación da clase obreira empeora dia a
dia, o INE acaba de sacar outra estatística
onde reflicte que o 19,1% da poboación
galega atopábase por debaixo do nivel da
pobreza ao rematar 2009 (por certo, o dobre
do sinalado pola estatística do IGE),
debido a que a situación económica empeora
esta porcentaxe seguro que se incrementou
no que vai de ano.
Tócanos mover ficha, se non paralizamos as
ansias depredadoras do capital acabaremos
sen dereito ningún.
Non se pode ir a negociar con criterios
coma este, a resposta ten que ser igual de
contundente que coa reforma laboral pero
antes de sentarse na mesa, que vexa, a
patronal, ao que se enfronta.
Non podemos seguir soportando esta
situación, si non actuamos corremos o risco
de que os traballadores/as encallen nunha
situación de desesperanza que os leve ao
pasotismo absoluto. O feito de non ver unha
dirección sindical que manexe con criterio
combativo esta situación levará sen dúbida
a actitudes de desánimo que despois será
dificilísimo recuperar.
Ao mesmo tempo fortalece a desconfianza nas
organizacións sindicais xa instalada en
moitos traballadores/as.
Os sindicatos “mobilizadores” saímos
fortalecidos da folga xeral, non nos
podemos instalar no conformismo temos que
dar a cara. Insistimos no papel que os
sindicatos de ámbito nacional temos que
xogar en situacións coma esta.
Instamos, unha vez máis (non nos cansaremos
de facelo) ao sindicato nacionalista
maioritario a que tome a iniciativa e
convoque, con carácter de urxencia, a
necesaria folga xeral a nivel galego.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript