outubro de 2010
 
 

25/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A banca gaña e reparte dividendos.

A banca mantén o a retribución dos accionistas a pesar da crise. Repartirá 7.400 millóns con cargo a 2010.

Máis claro auga, os traballadores/as somos os “primos” que imos pagar a crise dos ricos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mentres a traballadores e traballadoras se nos reclama o sacrificio permanente, os capitalistas viven na opulencia. Para nós a precariedade e o paro, para eles máis ganancias.

Da carteira do estado desapareceron centos de miles de millóns de euros para reflotar os bancos, entre todos quitámoslles o estres e agora repártense, sen ningún pudor, os cartos.

Para recuperar o diñeiro que se levaron os banqueiros, reducíronsenos a traballadores e traballadoras os salarios e os dereitos sociais, deixando, o Estado, de proporcionar servizos esenciais.

Estamos vendo a verdadeira cara desta sociedade. O capitalismo ao mellor estilo gansteril despois da rapiña repártese o botín, sen importarlle os cadáveres que deixou no asalto.

De todos nós, da clase obreira, depende que sigan coa festa ou lles fagamos devolver o que é noso.

Démoslles un aviso pero non chega, hai que continuar mobilizando as nosas forzas até que nos consideren un perigo real, até que lles obriguemos a restituír, non so os cartos que nos roubaron agora senón todo o que nos roubaron en todo o tempo que levan dirixindo a política económica e a sociedade.

Diante das sucesivas demostracións de forza, da prevalencia social do capitalismo, temos que demostrar o poder da clase traballadora, non podemos ver impasibles como circunstancias deste tipo pasan ao noso redor, non podemos mirar para outro lado. Non pode ser que mexen por nós e dicir que chove. Iso xa pasou. O sindicalismo de clase non o pode permitir.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript