11/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Miguel Angel Fernández Ordoñez, “pide a empresarios e traballadores que fagan uso da reforma laboral”.
Con estas palabras intenta darlle á dita
reforma unha aparencia de ferramenta que serve
para ámbalas dúas clases por igual (por un lado
empresarios, por outro a traballadores/as)
Tampouco ten ningún reparo en reclamar a
desaparición definitiva, das cláusulas de
revisión salarial dos convenios colectivos, que
vinculan a revisión dos salarios á inflación.
Segundo o Presidente do Banco de España, o
mantemento da devandita figura -á que se
referiu como “legado dos hábitos inflacionistas
dun pasado xa superado”- foi “unha fonte de
problemas”.Vamos que sen ir máis lonxe aos
empresarios non lles convén a súa existencia.
Non deixou pasar a ocasión para “pedir”, de
novo, a moderación salarial. Máis moderación
salarial?. Con cinco millóns de traballadores/as
no paro que teñen esa moderación asegurada, en
moitas ocasións para toda a súa vida. Cos
convenios colectivos que son papel mollado, e
cos poucos que se negocian xa substancialmente
reducidos en salarios e dereitos. Este
individuo pide máis moderación?.
Ten a cara de pedirnos moderación cando arredor
da nosa precariedade observamos que os de
sempre seguen enriquecéndose. Sen ir máis lonxe
as retribucións dos conselleiros independentes
das empresas que cotizan no IBEX, unha
cuestionada figura regulada pola lei, varían
entre os 50.000 e os 150.000 euros ao ano, que
cobran por asistir a unhas dez reunións.
En definitiva, o Presidente do Banco de España,
fiel servidor dos designios do Banco Central
Europeo, do Fondo Monetario Internacional e dos
intereses do empresariado, pídenos a
traballadores/as, con todo o descaro do que é
capaz (que é moito), o suicidio colectivo.
Coa folga do día
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript