outubro de 2010
 
 

11/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

A RPT en perigo

Comezamos a negociar, constituíndo a comisión negociadora, para que fose a RPT de 2009.

 

  • Noticias relacionadas

 

Púxosenos por diante a limitación contemplada na Programación Plurianual que afectaba aos anos 2009 e 2010, nese documento contemplábase textualmente:

“GASTOS

O principal capítulo de gasto, os gastos de persoal, que absorben o 65% do orzamento da UDC, analízanse polo miúdo no epígrafe “Previsións sobre a evolución de PDI e de PAS”. Nel se sitúa o crecemento do capítulo nun 5% en 2009. En canto ao ano 2010, o incremento chegaría ao 10% de manterse o ritmo de crecemento dos efectivos, mentres que no escenario orzamentario desfavorable, que esixiría unha desaceleración do programa, situaríase nun 7,5%.”

Nunha primeira medida tomada coa aprobación dos orzamentos para o ano 2010 rebaixouse esa porcentaxe até o 5%. Non por isto deixamos de negociar.

No mes de xuño, sorpresivamente pasouse desa porcentaxe económica a limitar o incremento de prazas a 38, díxosenos textualmente que o orzamento non era o límite, o mesmo daba que as prazas fosen do grupo I que do grupo IVB.

O 14 de xullo, despois de se realizar as asembleas (28 e 29 de xuño) nas que se decidiu rexeitar a RPT, tivemos unha reunión co Reitor e Xerenta na que insistiron no límite establecido nas 38 prazas, nin unha máis.

Xa en setembro, o día 14, tivemos reunión, de novo, coa Xerencia á que lle reclamamos axilidade na resposta, estableceu ela o prazo para efectuar a resposta e propoñer as seguintes convocatorias de concurso oposición nas categorías onde había acordo nos temarios.

O día 4 de outubro, diante da falta de resposta, o Comité deu un prazo límite para que se lle transmitisen tanto a RPT como as convocatorias pertinentes, nesta reunión nin unha palabra sobre dificultades orzamentarias.

A Xerencia resposta dicindo que a inseguridade orzamentaria fai que sexa imposible proporcionar unha RPT sobre a que efectuar o necesario informe polo Comité.

Outro bandazo máis, este pode ser o definitivo.

De aprobar a RPT nas asembleas de finais de xuño que pasaría?.

Mentres para o PAS as limitacións son radicais, en todos os Consellos de Goberno apróbanse novas prazas para PDI, transformándose, incluso bolsas en novas prazas fóra de catálogo.

Corresponde ao Comité de Empresa realizar a valoración sobre a situación e dar as alternativas que sexan precisas. A reunión para facer a avaliación será o dia 13, terémosvos informados/as.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript