11/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A providencia da Sala do Social da Audiencia Nacional avala a decisión tomada nas asembleas de traballadores/as laborais da UDC nas que se decidiu non negociar o desconto salarial promovido desde o Goberno e que nos forzou á convocatoria de folga do día 8 de xuño en toda a Administración Pública, e a recorrer pola vía xudicial a execución do decretazo na nosa institución.
A providencia avanza "dúbidas
sobre a constitucionalidade" da redacción de
algúns dos artigos, por posible afectación do "contido
esencial do dereito á liberdade sindical e á
negociación colectiva" e reforza a vixencia dos
convenios e dos acordos colectivos acadados na
administración pública para o ano 2010.
A base argumental do Comité inclúe, entre
outros aspectos:
Somos conscientes de que,
en moitas administracións, os sindicatos
tomaron iniciativas individuais. A decisión de
efectuar a proposta de realizar a demanda
tomouse por unanimidade no seo do Comité.
Agardamos unha resolución favorable.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript