outubro de 2010
 
 

11/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

As prexubliacións nas caixas custarán 7.500 millóns de euros

O principal asesor laboral das caixas de aforro, o bufete Sagardoy cifra en 7.500 millóns de euros o custo das prexubilacións que se exucatarán durante o proceso de fusión das caixas de aforro, en concreto o cálculo de custo por empregado estblécese nuns 300.000 euros.

 

 

Máis do 70% das peticións ao FROB servirán para pagar as prexubilacións. (diario Expansión 06/10/2010)

Para o proceso, as caixas en xeral e as galegas en particular, xa se engancharon a un procedemento polo que gran parte das prexubilacións e  indemnizacións serán abonadas polo erario público.

O proceso comeza coa execución dun ERE ao que se apuntarán, de xeito voluntario, os traballadores/as que así o desexen.

Continuará coa utilización dos fondos do FROB para completar o proceso que, no  caso das caixas galegas xa está asinado entre as caixas e a representación maioritaria dos traballadores/as.(o sindicato amarelo das caixas
CSICA e CCOO).

O acordo establece que os traballadores/as que se apunten (cífranse en 1.200) sairán das caixas, segundo transcendeu do asinado, cobrando o 85% do seu salario, a realidade, e despois de facer contas, lévanos a concretar esas compensacións entre o 70% e o 75% do salario.

Aos bancos xa se lles “untou” cuns cantos centos de miles de millóns de euros para curarlles o estrés.

Ás caixas de aforro outros miles de millóns para que se privaticen nas mellores condicións e, sen “cargas laborais excesivas”.

Mentres, xustificado na redución dun déficit derivado, entre outras cousas, da aplicación de políticas de financiamento como estas, aos xubilados e xubiladas, conxélanselles as pensións, aos empregados públicos redúcenselles os seus salarios, elimínanse servizos públicos esenciais, redúcese o investimento público en servizos e infraestruturas, privatizase de xeito xeneralizado a administración pública...

Opoñémonos á LORCA que privatiza as caixas de aforro, opoñémonos á eliminación de 1.200 postos de traballo (900 en Galicia) derivados da fusión das caixas galegas. Pensamos que as caixas teñen que ser a banca pública que precisa o país para facer fronte, nas mellores condicións posibles, á situación de crise capitalista que pretenden que paguemos os traballadores e traballadoras.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript