11/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Xa só Cáritas atendeu, o ano pasado en Galicia, a 584.000 persoas que viven con menos de 7.000 euros ao ano, das que 58.000 cruzaron a liña da extrema pobreza.
As axudas que máis se solicitan, son "todas as
esenciais para un mínimo vital", o transporte,
a comida, a vivenda, a formación, a busca de
emprego, a roupa e o calzado e os gastos
sanitarios. Unhas demandas que, no caso de
Cáritas, se incrementaron ata o 90% nos últimos
dous anos.
Nese caso, as cifras de Cáritas sinalan que hai
medio millón de fogares no Estado que sobrevive
sen ningún tipo de ingresos. Ante este dato,
cando aparezan "os brotes verdes", as persoas
que reciben estas axudas, "aínda tardarán en
ter oportunidades reais" para poder saír da
crise.
Entre os que buscan as axudas destacan os
mozos, as mulleres con familiares ao seu cargo,
os xubilados coas pensións máis baixas e un
novo perfil, o dos homes sós que perderon a súa
vivenda.
Son preocupantes as persoas que tiñan a súa
vida "normalizada" e que perderon a
estabilidade ao quedar no paro. Por outra
parte, están as persoas que, despois de xa ser
axudados por unha ONG, perden a pouca
estabilidade que tiñan e volven á situación
inicial.
Como se pode observar, esta situación, no canto
de ser abordada desde a solución ás
circunstancias que a orixinan, abórdase desde
un sistema de caridade que simplemente tenta
evitar a visibilidade dos efectos, para “limpar”
conciencias e é aproveitado polas empresas e
organizacións para efectuar un lavado da
“fachada”, así Caixa Galicia ven de “doar”
230.000 euros á ONG da que estamos a falar,
doazón da que se aproveitará primeiro facendo
propaganda da mesma e logo, sen dúbida,
mediante os preceptivos descontos fiscais.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript