outubro de 2010
 
 

11/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Mentiras sobre a folga

O poder político, económico e mediático utiliza múltiples xeitos de desvirtuar a realidade. Sobre todo a maquinaria mediática ponse en marcha nos momentos de máis presión dos traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Na folga xeral de 2002, diante do seguimento masivo nos medios de reparto da prensa, a Garda Civil (que, xunto coa policia, son os piquetes empresariais) repartiuna facendo posible a foto de Pio Cabanillas coa prensa debaixo do brazo para xustificar o pouco alcance do paro.

Agora denúnciase que se manipulou a curva de demanda eléctrica que é o indicativo máis fiable á hora de estimar o seguimento dunha folga xeral, e pode consultarse na web de Rede Eléctrica Española. Tal e como afirma Rebelión, na folga do ano 2002, ante a evidencia do seu éxito, que se manifestaba na caída da demanda nun 20%, REE descolgou da páxina web a curva para ocultala á opinión pública. Nesta ocasión non se oculta ningún dato, pero redúcese a estimación, que debería compararse co mércores (día 22) da semana anterior, pois tivo unha temperatura similar e tamén foi laborable. O consumo dese día excede en máis de 2000 MW as horas punta que ofrece a curva verde de demanda admitida pola REE, o que quere dicir que non se rexistrou un descenso de 16,5% de media, como recollen todos os grandes medios de comunicación. A diminución de consumo foi de en torno ao 22% durante varias horas dese día, superándose mesmo o descenso do 20% de media rexistrado na folga de 2002.

Sabiamos do éxito da folga, estivemos nos piquetes, vimos como na industria, a construción… o paro era practicamente total, non coincidían eses datos co observado nas empresas e nas manifestacións.

Queren apabullarnos, utilizan toda a maquinaria ao seu alcance para que a resignación se impoña á mobilización.

Temos que desmentir e denunciar todas as mentiras que a caverna mediática intenta facernos crer.

A folga foi un éxito, temos que continuar neste camiño, temos que ir preparando outra.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript