Agosto de 2010
 
 

16/08/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

               

 

Recortes de dereitos laborais aquí e en Francia
Ante unha reforma das pensións e da idade de xubilación en Francia moito máis limitada que a reforma laboral que propón o Goberno español contra os intereses dos traballadores e pensionistas e que en nada favorece os parados, os franceses xa se lanzaron seis veces á rúa de forma masiva para protestar contra a neoliberal reforma de Sarkozy que recorta dereitos aos traballadores e xubilados.
A ningún medio de comunicación francés se lle ocorreu criminalizar, nin satanizar a sindicatos e asociacións convocantes.
En España, os nosos medios de comunicación e grupos políticos ultraliberais intentaron, de calquera xeito (aquí o fin xustifica os medios), demonizar e crucificar aos sindicatos convocantes da folga xeral nun intento de deslexitimar e reducir a papel mollado os constitucionais dereitos fundamentais con que contan os traballadores para a defensa dos seus lexítimos dereitos laborais.
Que pronto e interesadamente se esqueceron de que a crise a provocaron, precisamente, os ultraliberais e poderosos mercados especulativos pola súa voracidade e falta de escrúpulos! Os mesmos que agora, impudicamente, marcan a folla de ruta económica duns dóciles e submisos gobernos.
Os que provocaron a crise son os que se benefician con esta e cos recortes de dereitos laborais. Isto é o que debería ser verdadeiramente noticia.



Coidado, que o que vén é aínda peor
O PP comeza a concretar o seu programa político como "novo partido dos traballadores". Acaba de presentar unha proposición non de lei para ampliar o contrato de formación ata os 30 anos e que, ademais, se poidan celebrar varios contratos deste tipo, sempre que se realicen funcións distintas na empresa. Este contrato, actualmente válido para mozos sen estudos de 16 a 21 anos (que a actual reforma laboral amplía ata os 25 anos só ata 2011), ten un límite de dous anos que o PP pretende ampliar para que, así, os empresarios poidan aforrar todas as cotizacións sociais deses traballadores durante, por exemplo, 14 anos.
De considerar o Goberno esta proposta, que se esquezan os mozos de que se o emancipa ou estimular a demanda de consumo. A reforma laboral non é boa, pero o que viría sería moito peor se gobernase o PP, o novo "partido dos traballadores... precarios".


Vivir como un rei
"A Casa do Rei deu o control das súas contas ao Goberno". Tiven unha momentánea esperanza... e unha nova desilusión ante este titular, pois referíase ao Reino Unido. Aquí, nin o Parlamento conseguiu saber como gasta a monarquía o moito que nos custa.
Por que imos tan atrás na democratización das nosas institucións? A liberdade conquístase, non a dan. A pasividade na reclamación dos nosos dereitos non só provoca grandes atrasos, senón mesmo retrocesos, como agora: en vez de dar exemplo dende arriba e rebaixar solidariamente os seus gastos, a Casa pelexou ata reducilos a case só a cuarta parte dos demais altos cargos do Estado.
Xa é hora de que cambie o significado de "vivir como un rei", como o de vivir como un cura", outro estamento remiso a pagar unha parte do custo da crise, enviando o inferno ao que ousase tocar no máis mínimo o seu sagrado dereito a "vivir divinamente, como Deus".


Somos tan inxenuos como para crer o PP?
Dende cando se preocuparon os conservadores polas clases traballadoras e non polo liberalismo salvaxe que o explota? Cando e en que data da historia en que gobernou a dereita no noso país se preocuparon eles por subir o soldo aos traballadores e as pensións aos xubilados?
Á señora De Cospedad deberíalle caer a cara de vergoña antes de dicir que o Partido Popular é o novo partido dos traballadores e dos pensionistas.
Será verdade que, na crise económica tan grave que estamos a sufrir, este capitalismo neoliberal e salvaxe volvésenos tan inxenuos como para crer todas estas mentiras?




 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript