outubro de 2010
 
 

04/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Zapatero é claro, a reforma non se modificará, nós tamén o somos, a mobilización non parará

O día 29 escoitouse o clamor unánime dos traballadores/as. A reforma laboral non pasara!.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Goberno xordo as reivindicacións da clase traballadora xa decidiu que non vai cambiar o rumbo, o timonel, que presumía do seu ideario de esquerdas, que reclamaba aos seus correlixionarios que se apegasen ao pobo e que prometía á xente que non lle ía fallar, decidiu poñerse un tapón na orella esquerda e escoitar soamente pola dereita.

Postos neste dilema aos traballadores non nos queda elección, ou nos choemos na casa ou volvemos a tomar a rúa.

O noso sindicato que reclamou insistentemente desde fai máis de dous anos a necesidade de activar a resposta ás medidas que se comezaban a aplicar e ás que se albiscaban no horizonte e que hoxe son realidade, segue reclamado a resposta unitaria da clase traballadora galega para forzar o cambio das políticas que se aplican desde o Goberno e que non teñen outra finalidade que a precarización total das relacións laborais.

A nosa decisión, como sindicato, está tomada. O día 29 de setembro non concluíu nada, foi o comezo dunha resposta global que ten que continuar.

Diante da demostrada xordeira do Goberno, dirixímonos aos traballadores/as máis conscientes e activos/as da clase obreira galega para que se unan ao movemento de resposta, para que a marea do día 29 non teña retroceso.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript