04/10/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Á dereita política, mediática e ao Goberno non lles gustou o resultado da folga xeral do 29 s, tiñan outras espectativas.
Á dereita, unha vez acadada unha
porcentaxe de intención de voto que lle asegura
o goberno nas vindeiras eleccións, de non
cambiar radicalmente a situación, interesáballe
a derrota aplastante do movemento
obreiro. Quería unha sucesión onde non houbese
posible
resposta por parte das forzas sindicais.
Á dereita mediática interesáballe, como medio
de difusión das ideas máis reaccionarias
propiciar do mellor xeito posible que a dereita
política acadase os fins propostos. Iniciou
desde fai tempo unha campaña xeneralizada
contra os sindicatos, sen distinción ningunha.
Xa, e a medida que se ía aproximando o día da
folga fartouse de pontificar sobre a liberdade
e o dereito a traballar de quen quería facelo.
A partir do día 29 esas soflamas xa se deixarán
de escoitar. O dereito ao traballo só abarcaba
o día 29, o dereito ao traballo dos máis de
cinco millóns de parados que hoxe, mañá…
queiran exercelo non atoparán audiencia
ningunha.
Ao Goberno e aos seus apoios, non debemos
esquecer que o PSOE votou en bloque a reforma
laboral tanto no Congreso como no Senado,
tampouco lles interesaba unha vitoria da clase
traballadora dese xeito poderían aplicalas
reformas aprobadas e as que virán sen
contestación social e sindical.
A todos lles saleu mal a xogada, a resposta da
clase traballadora non deixa lugar a dúbidas o
paro foi xeneralizado, quédalles agora repetir
unha e outra vez o da derrota para, nun intento
vano, ocultar e cambiar a realidade.
Non queren que nos sintamos vitoriosos porque
iso podería darnos a fortaleza para continuar
loitando.
O movemento obreiro é consciente de que
un só día de folga non vai ser suficiente para
que se retiren as medidas aprobadas polos
poderosos contra os traballadores/as. O día 29
de setembro proporcionounos o impulso necesario
para prolongar as medidas de presión. As súas
mentiras, aínda que as repitan incesantemente
non nos farán retroceder.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript