outubro de 2010
 
 

04/10/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Folga xeral. Sen incidencias na universidade?

Como vos dixemos no comunicado do día despois da folga xeral a universidade adiantou unha participación na folga do 62%.

Subliñaba no comunicado a ausencia de incidentes, nós que xa tiñamos a mosca na orella porque sabiamos que a cousa non estaba tan clara, anunciamos que o ratificaríamos despois de facer unha pequena investigación.

 

  • Noticias relacionadas

 

De momento detectamos un afán certamente desmedido por facer que a “normalidade” fose o xeito natural de desenvolvemento da xornada.

Así na Escola Universitaria Politécnica diante da participación unánime dos traballadores/as da conserxería na quenda de maña contratou un esquirol para abrir o centro e exercer as funcións de vixiante.

Quédanos a dúbida de si este señor foi contratado polo centro ou ben pola propia institución a través da Xerencia ou Vicexerencia.

Este feito non deixa de ter transcendencia, se foi o centro ábrese un camiño de contratación paralelo ao institucional. Demóstrase, na práctica unha vez máis, unha doble administración (os centros, xa verdadeiros reinos de taifas, controlarían até as fucións propias da Xerencia tal e como son a contratación de traballadores/as).

De ser a Xerencia ou Vicexerencia, demostrarían un talante máis propio da dereita máis rancia, que non ten pudor algún en superar os servizos mínimos establecidos por lei se iso redunda en manter a normalidade institucional, en definitiva houbo folga pero os servizos mantivéronse.

Outro lugar onde houbo incidencias foi na Biblioteca da Casa do Patín.

O día 29 de setembro todo o persoal da Biblioteca Casa do Patín do turno de mañá fixo folga. Segundo o decreto da Xunta no que se especificaban os servizos mínimos esa biblioteca non precisaba deles, por non ser unha biblioteca con horario extraordinario de apertura.

No segundo comunicado de Xerencia quedaba claro que os servizos mínimos non afectaban a este centro de traballo.

O responsable de seguridade recibiu orde de abrir a biblioteca cun controlador de seguridade como aula de estudo, decisión que entendemos que vulnera claramente o dereito de folga.

O centro apareceu na mañá do día 29 con palillos e silicona na pechadura das portas de acceso. Chamouse á empresa de ferraxaría para abrir o centro e díxoselle ao controlador que fose alí a esperar que abrisen, sabíase que estes traballadores, pola precariedade do seu contrato, sen dúbida acudirían a executar a orde realizada. (o Comité de Empresa reclama que estas prazas aparezan na RPT)..

O centro permaneceu aberto. Os poucos usuarios que acudiron entraron sen problemas. A mediodía solicitouse aos poucos usuarios presentes que  solidariamente deixaran o centro, cousa que a práctica totalidade fixo.


Algún gabará ese afán de servizo exemplarizante exercido pola institución. Aos sindicatos que convocamos aos traballadores á folga, polo menos ao noso, parécenos unha actitude impropia dunha institución que quere parecer progresista.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript