16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
A folga xeral, unha chamada de atención
Calquera observador imparcial do momento
histórico que vivimos concluiría admitindo que
o responsable da grave fractura social, a
agónica crise ambiental e as agresións aos
dereitos fundamentais dos cidadáns é un sistema
perverso que antepón os intereses financeiros
aos seres humanos. Entón, se partimos desta
premisa, a folga xeral do 29 de setembro non
debe considerarse como un castigo ao Goberno
que só sirva para beneficiar electoralmente a
outro partido que, á súa vez, nos dará dobre
porción do mesmo. Iso podería suceder se a
xente decide quitarlle o seu voto aos malos
para entregarllo borreguilmente aos malos. É
outro o cambio o que debemos esixir: un cambio
de modelo.
A folga debería ser o espertar da era da
lucidez para o noso pobo. Un abonda xa!
enérxico contra esta política de
desenvolvemento suicida que se sustenta nun
método de selección natural baseado na cobiza.
O soño da dereita é o pesadelo da maioría
Coa enxeñaría social deseñada polo
neoliberalismo que se practica dende os inicios
do capitalismo, observamos a penúltima estocada
contra o Estado do benestar, o sector público e
os dereitos sociais.
O sistema sabe moi ben as consecuencias que
carrexa a chantaxe que supón inocular o veleno
do medo e do individualismo pailaroco, e que se
traduce nun mellor sometemento aos seus
designios. En case todos os países europeos xa
o conseguiron, e falta pouco para que o triunfo
conservador sexa absoluto.
Materializado o efecto da chantaxe, a dereita
financeira, política e mediática fregarase as
mans ao ver aumentar os seus beneficios
económicos grazas aos inxenuos.
O seu soño verase cumprido. Un soño para eles,
pero un pesadelo para a inmensa maioría.
Violencia contra as mulleres: ata cando?
Mulleres con fillos ao seu cargo ou que non
teñen a ninguén máis que a ese home. Mulleres
con estudos ou sen estudos, mulleres con
independencia económica ou sen emprego.
Mulleres con medo, que viven no medo. Mulleres
humilladas, que perden a autoestima. Medio
centenar de mulleres asasinadas ás mans das
súas parellas ou ex parellas. Son moitas, pero
tan só unha morte por esta causa xa é demasiado.
Por unha sociedade onde os maiores se sintan
integrados
Nun dos países máis envellecidos do mundo, os
nosos maiores seguen sufrindo graves carencias
asistenciais e sociais. A Lei de Dependencia
foi sen dúbida un importante paso, pero non vai
máis alá de coidar os que xa teñen un problema.
A medida que nos facemos maiores, todos
necesitamos gozar dunha vida chea, con saúde,
seguridade e participación na vida económica,
social, cultural e política. Os maiores seguen
traballando nos campos, coidan dos seus netos,
gardan as mellores receitas, asómanse ás novas
tecnoloxías e, sobre todo, reivindican
participar e seguir tomando decisións.
No Estado viven máis de sete millóns de maiores
de 65 anos, máis do 16% da poboación, que cada
vez se afastan máis da imaxe de "seres pasivos
e aburridos". Son cada vez máis activos, buscan
aprender cousas novas e encher o seu tempo con
actividades de ocio e cultura. Son persoas que,
en definitiva, non poden verse reflectidas
nunha soa imaxe nin ser tratadas como un mesmo
grupo.
Non obstante, a soidade e o illamento
convertéronse nos seus maiores problemas. O
risco de illamento social e outros problemas
como minusvalideces, depresión, enfermidade ou
mobilidade reducida agrávanse en persoas con
círculos sociais reducidos, un grave risco que
corre máis dun millón de persoas maiores que
viven soas en no territorio español.
Por iso, estes días celebrouse o Día
Internacional das Persoas Maiores coa promesa
de construír unha sociedade onde encontren
espazo e recoñecemento.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript