27/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"A Xunta de Feijoo, na tónica do PP a nivel estado, ven de establecer uns servizos mínimos abusivos para a folga xeral. Quere boicoteala.
Todos os sindicatos que convocan a folga están en vías de denuncialos.
No que fai
referencia á Universidade, polas noticias que
temos, a Xerencia enviou unhas indicacións que
contemplaban exclusivamente os centros onde
estiveran programados exames.
No canto de acordar baixo o criterio emitido
establécense uns servizos mínimos moi amplos:
5. Universidades galegas:
5.1.
Reitorías:
-1 funcionario/a no rexistro.
-1 secretario/a
do
reitor ou auxiliar administrativo/a.
5.2.
Campus:
-1 funcionario/a no rexistro.
-1 auxiliar de servizos por quenda de traballo.
-1 secretario/a dos vicerreitores responsables
dos campus onde non estea a sede reitoral.
-1 persoa por biblioteca e quenda de traballo,
no caso daqueles que conten cun horario
extraordinario de apertura.
Estes servizos chocan, tamén, co auto do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)
do 19 de xuño de 2002 (última folga xeral), no
que se indica que "os
servizos mínimos non excederán o número de
persoas que normalmente permanecen con ocasión
dun domingo ou un día festivo, salvo que se
trate de órganos que tales días permanezan
pechados, en que se observarán quendas
establecidas para os sábados”. Este
criterio é un dos que seguiu a Xunta, segundo
indica nun comunicado, para establecer os
servizos mínimos; chocan no ámbito educativo,
posto que as universidades, institutos e
colexios permanecen "pechados" o fin de semana.
Como xa dixemos noutras ocasións, o
establecemento de servizos mínimos abusivos, a
sabendas, pon aos traballadores/as nun dilema,
ou non se cumpren ou se denuncian.
De non cumprirse, a folga pasa a ser “salvaxe”
e, xa se sabe, todos/as delincuentes.
De denunciarse, cando chega a resolución, a
acción xa transcorreu co que, para ese momento,
xa non vale. Serve para outras convocatorias,
si o empresario ou administración pública o ten
a ben.
Neste caso, ao tratarse dunha folga xeral, o
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,
ditaminará con urxencia coñecéndose a
resolución o luns, día 27.
Todos os
sindicatos, que nos saibamos, decidiron
denunciar os servizos mínimos, os determinados
para a Universidade tamén son susceptibles de
denuncia.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript