27/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Galiza continúa á cola do Estado en pensión media ao rexistrar o indicador máis baixo do Estado, dotada de 654,21 euros, o que supón 128 euros menos que o subsidio medio estatal en setembro, que ascende a 782,26 euros, segundo datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo e Inmigración.
En concreto, en
setembro a comunidade suma 444.244 xubilados e
a pensión media de xubilación en Galicia
encóntrase en 729,22 euros, situándose á cola
dos subsidios do resto de comunidades, mentres
que a media estatal ascende a 887,65 euros.
Por outro lado as estatísticas reflicten
que os galegos cobran un 9% por debaixo da
media española.
informe tamén indica que tanto en directivos,
coma en mandos intermedios e empregados, a
brecha salarial en Galicia respecto a media
española aumenta canto máis baixo sexa o nivel
dentro da empresa. Así, mentres que entre os
directivos é do 1,9 por cento, nos mandos
intermedios ascende o 7,5 por cento (37.667
euros anuais na media nacional fronte aos
34.842 euros da galega) e alcanza o 9 por cento
no caso dos empregados (22.346 euros anuais de
media nacional fronte aos 20.330 euros en
Galicia).
Como se ve os petos dos galegos e galegas están
escuálidos, mentres os prezos non paran de
subir. O último incremento importante
producirase no recibo da luz que subirá un
4,8%, o que supón un incremento acumulado dun
30% nos 3 últimos anos.
O Ministerio de Industria prégase, unha vez
máis, aos intereses empresariais ao anunciar a
desproporcionada e inxustificada subida
eléctrica de outubro, e faino a costa de
lesionar os intereses económicos e os dereitos
dos usuarios.
Os gastos fixos que cada mes supoñen luz,
auga, gas e novas tecnoloxías (teléfono,
televisión e Internet) increméntanse respecto
ao ano 2009 en entre 10 e 15 euros ao mes, o
que, en cómputo anual, supón unha cantidade
importante.
En plena crise económica, onde se demanda
e obriga a un
constante sacrificio aos traballadores/as, as
empresas e os grandes empresarios fan o seu
agosto con ganancias que baten marcas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript