setembro de 2010
 
 

27/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Rajoy anuncia unha gran poda na administración

"A administración central gasta o que non ten, endebédase e quítalle o crédito ó sector privado", na súa opinión, aprema "unha gran poda nas administracións públicas". Mariano Rajoy, se non o impedimos próximo presidente do Goberno do Estado.

 

  • Noticias relacionadas

Os partidos sitúanse no caixón de saída para algunhas autonómicas e municipais, o sr. Mariano xa se soltou a melena dicindo que “Podo crear cinco millóns de empregos”.

O PP segue a nivel Estado a mesma estratexia que Feijoo en Galicia, aínda soa nos nosos oídos aquilo que dixo na campaña o sr. Feijoo “en 45 días acabarei coa crise en Galicia”

Estamos en campaña e as promesas aínda que sexan incribles fluirán polas bocas dos políticos/as, a iso xa estamos afeitos.

No medio de toda a verborrea dirixida aos incautos aparecen as primeiras sinais de cómo afrontará o PP, se chega ao goberno, a política económica, e como abordará a situación de crise.

Os problemas diagnosticados son os mesmos que os sinalados pola socialdemocracia, moito déficit público, o crédito non flúe ás empresas, hai que incrementar a produtividade…

As solucións apuntadas por Mariano tampouco varían das tomadas desde a óptica do PSOE, pero o PP (se non o fai o partido no goberno que anunciara máis reformas) aínda as radicalizará máis. Queren aparecer diante do FMI, BCE como os alumnos máis avantaxados.

Así apunta para reducir o déficit público diminuír aínda máis a Administración Pública (podala a rentes), tanto en efectivos como en servizos, anúnciase, deste xeito a redución de persoal e mais privatización de servizos (recentemente xa se pronunciou, xunto co patrón da CEOE, pola privatización das pensións), o que realmente se pretende é rematar cos servizos públicos. Non fala da redución dos salarios pero seguro que tamén entran na súa perspectiva. Xa o di o dito, comer, rascar e agora recortar todo é comezar.

A poda na administración pública virá acompañada dunha redución nas políticas sociais, hai que aforrar e será destas partidas de onde primeiro se quitarán os cartos.

Para que o creto flúa. Volverase, segundo parece, á política de, cos cartos de todos/as, refinanciar á banca, que se permite chantaxear ao goberno si se lle aplica unha taxa para evitar insolvencias. Demostra así o seu poder real.

Para incrementar a produtividade, máis flexibilidade nas empresas. No canto de optar pola innovación óptase pola política de “con menos facer máis”, unha das máximas preferidas, tamén, dos dirixentes da Xunta.

As políticas que se nos aplicarán desde PSOE, PP, PNV, CIU… serán as que se deseñen desde o FMI, BCE, UE… Polo tanto as respostas da clase traballadora teñen que ser, goberne quen goberne, as mesmas.

Temos que ser conscientes de que os que nos gobernan, e os que nos gobernarán segundo as enquisas (haber cando espertamos), tomaron partido, queren que os traballadores e traballadoras paguemos unha crise que non creamos, que é froito da avaricia capitalista. Pretenden así salvar o sistema precarizando a vida dos traballadores/as.

Temos que tomar conciencia de que se aveciñan tempos nos que aumentarán as políticas acoso e derribo contra os dereitos que nos custou tanto conseguir.

Temos a obriga de dar a resposta que estes ataques merecen, a folga xeral do día 29 non é máis que o comezo.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript