27/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"A convocatoria de folga pon en marcha, na dereita política, económica e mediática, os mecanismos de resposta máis reaccionarios. Mecanismos que, facendo un pequeno exercicio de memoria, lembran épocas pasadas que, pouco a pouco, queren volver a instalar na sociedade.
A folga, o dereito á reivindicación son factores que esta dereita quere desbotar das relacións laborais. A dereita política e económica quere que todo transcorra polas canles habituais e dicir pola vía da normalidade, pero son eles os que queren determinar o que é “normal” e o que non o é.
Estes días nos medios de
comunicación da dereita non se fala máis que da
presión que os piquetes salvaxes exercerán o
día 29 tratando de impedir que os traballadores
que así o desexen poidan traballar con esa “normalidade”
que se reclama como permanente.
A caverna mediática fai tempo que decidiu
compartir espazo co poder económico máis
radical, sácanse á luz, negro sobre branco,
tics de sociedades pouco amigas das liberdades.
Artigos, comentarios e tertulianos pontifican
sobre dereitos, sempre, claro está, dos que
seguen as directrices que a súa liña política
editorial marca, casualmente sempre destra.
Con cinco millóns de parados/as hai factores
que pesan moito máis ca o feito de que uns
traballadores lembren a outros que o día 29 é
un día de folga, de loita xa non por acadar
unha situación mellor, senón para que dereitos
básicos non desaparezan.
En ningún medio de comunicación dos que atopas
no quiosco, en ningunha emisora de radio, en
ningunha canle de televisión se fala do piquete
empresarial, si dese piquete que se activa
moitas veces desde a clandestinidade da ameaza
velada, outras é tan explícita coma as medidas
que
o presidente pirata da CEOE pide aos seus
corsarios que actúen pechando a empresa, ao
mínimo indicio de ameza ou cando non poidan
realizar con normalidade o traballo habitual,
significando que ese día non se aboará a ningún
traballador, faga ou non faga folga, nin tan
sequera se pagará aos que estean de baixa.
Aos empresarios, si de verdade lles preocupa o
dereito ao traballo deberían ocuparse de
proporcionarllo aos cinco millóns de parados
que eles mesmos votaron á rúa sendo o campión
dos despedimentos o seu propio patrón, o Sr.
Díaz Ferrán.
Os traballadores/as temos que tomar conciencia
de que si non actuamos esta calaña vai marcar o
futuro das nosas vidas, non teñen pensado para
nós máis ca un futuro de escravitude, da
precariedade máis feroz.
De todos/as depende que non o consigan.
O DÍA 29
TODOS/AS Á FOLGA XERAL!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript