27/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Uns ricachos nun restaurante comen unha mariscada, márchanse sen pagar e o xerente do establecemento obriga a pagar a factura, a escote, entre os camareiros/as.
En síntese esta é a
metáfora da crise. Unha crise que todos
coinciden en que é culpa da avaricia
capitalista pero que o goberno (o xerente)
obriga a pagar a todos os traballadores/as.
A menciña que se quere aplicar para solucionar
a crise é a tradicional, menos gasto público
que inclúe a privatización da administración
pública, menos gasto social, máis impostos
indirectos, flexibilidade total nas relacións
laborais… , en definitiva consistente en que a
factura a paguemos entre todos/as. Mentres as
grandes fortunas, o capital especulativo, a
banca… fai o seu agosto.
Son tan radicais as medidas que se están a
tomar que, se non damos a resposta que a
situación merece, acabaremos, incluso, por
pagar por traballar, os primeiros pasos xa se
dan nesta reforma que contempla as ETT’s con
ánimo de lucro.
Estamos nunha encrucillada onde a decisión e as
accións que tomemos determinarán o devir dos
nosos dereitos laborais económicos e sociais.
Si optamos pola pasividade as medidas que nos
virán enriba serán cada día máis prexudiciais.
Si optamos pola mobilización estamos no camiño
de paralizalas, e organizándonos poderemos
acadar melloras no futuro..
A inacción de moitos anos fai que a ferramenta
da mobilización este enferruxada, compre
engraxala para, de novo, demostrar aos
capitalistas, aos que gobernan que antes de
tomar medidas que nos afecten teñen que contar
coa nosa aprobación.
A maquinaria mediática do poder xa se puxo en
marcha, acusan aos sindicatos de falta de
responsabilidade por convocala folga (parécelles
moito unha resposta descafeinada cando noutros
países, Francia leva, no que vai de ano 4
folgas xerais contra o incremento de anos para
ter dereito á pensión, e xa non digamos
Grecia…). Fálase da violencia dos piquetes, os
empresarios, pobriños, teñen medo, pídenlle ao
goberno “unha liña.quente” na que denunciar
actos violentos. Avógase por uns servizos
mínimos que sexan, unha vez máis, máximos…
Intentan por todos os medios dar a imaxe de que
a folga vai ser un fracaso coa única finalidade
que o desanimo nubre a decisión de
traballadores/as, porque temen que a folga sexa
un éxito.
Esta campaña non pode determinar a decisión que
tomemos o día 29 de setembro, á folga imos por
convicción, porque queremos defendernos de
todas as medidas que nos queren impoñer, porque
estamos no fío da navalla, o que quere o
capital é derrotarnos definitivamente para,
dese xeito, ter vía libre para medidas moito
máis prexudiciais.
Somos, tamén, conscientes de que un só día non
cambiará as cousas, detrás do día 29 teñen que
vir outras accións que posibiliten un cambio
nas decisións xa tomadas desde o poder
político, si non demostramos o noso poder de
mobilización seguirá gobernando o FMI e o BCE.
O 29 S TODOS/AS
Á FOLGA XERAL!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript