16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Non podemos menosprezar a convivencia entre
pobos
A política de deportacións de romaneses e
búlgaros de orixe xitana polo presidente
francés Nicolás Sarkozy pon en alerta laranxa a
Europa se non rectifica. A circunstancia é
grave e preocupante, ademais dun feito abstruso
e contrario á razón, polo que non se pode
consentir para que non se faga común. Os
momentos en que vivimos non nos poden facer
retroceder ao pasado, e moito menos facer
perder os valores humanos máis básicos.
Aprendemos a convivir e nunca é bo xeneralizar,
polo que a segregación racial é inxusta, e
ilícita.
Sindicatos necesarios, folga imprescindible
Os sindicatos, todos, non pasan polo seu mellor
momento en apreciación e credibilidade, os
erros cometidos polos sindicatos maioritarios
páganos tamén o resto. Os traballadores míranos
con receo e a dereita máis recalcitrante, xunto
con algúns traballadores desubicados,
desprestíxianos e menoscaban sen compaixón nin
comprensión.
Pero -que ninguén se confunda- os sindicatos
desenvolven un labor esencial nun Estado
democrático defendendo os intereses dos
traballadores. E se non existisen, habería que
inventalos, (de feito os sindicatos
minoritarios apareceron porque os sindicatos
maioritarios deixaron de ser a ferramenta
necesaria para moitos traballadores/as) pois é
evidente que os poderes económicos teñen máis
desenvolvido o sentido da cobiza que o da
equidade.
Por isto, se os sindicatos son necesarios,
tamén o son as folgas. A do día 29 de setembro
é imprescindible. E éo pola recente reforma
laboral -claramente lesiva para os
traballadores-, pola inminente reforma das
pensións, e porque hai que poñer freo á
paulatina deterioración das condicións laborais
e salariais.
A suba da factura da luz e a folga xeral
Que pouco dura a alegría na casa do pobre. A
principios de verán, congratulámonos todos da
conxelación das tarifas eléctricas. Pero
durante o verán desconxelouse e agora no outono
encontrámonos cunha suba do 4,8%.
Na industria, á parte dos custos salariais, o
maior custo é o enerxético. E iso fará que haxa
un novo cisma na CEOE tras a suba na factura da
luz.
Por un lado, encontraranse as eléctricas,
encantadas pola suba, e, polo outro, o resto
dos sectores empresariais, consumidores da
devandita enerxía. Aínda non está clara a
postura oficial do presunto estafador
presidente da CEOE, creo que non se posicionou
con claridade.
O que está claro é que os mesmos que se puxeron
de acordo para paralizar a suba da luz, para
que comezásemos con bo pé o verán e
consumísemos como tolos polos quioscos, agora
se decantaron por unha suba da factura. Isto,
en vésperas dunha folga xeral, fará pensar á
oposición que o Goberno pagará un alto custo
político, mentres que o Goberno pensará: de
perdidos, ao río.
O único que temos que ter claro é que ao final
os curritos seremos os que pagaremos a factura
da luz, máis cara, e como as empresas
reverterán os custos nos produtos estes
encareceránse e cos nosos ingresos cada vez
máis minguados, e seguiremos votando aos
políticos culpables de todo iso.
O perigo da ultradereita católica e o seu
control
A ultradereita católica tira a pedra e esconde
a man. Dona maioritaria da economía, probou
sorte coa crise como medio de control, igual
que o intentou antes con guerras (mundiais e
locais), caridade e medidas contrarias á saúde
-como a prohibición do preservativo e propoñer
a abstinencia sexual como medio imposible de
continencia da enfermidade e a natalidade-. A
máis vulto, menos claridade de pensamento.
E por se isto fose pouco, ten o ás na manga do
poder farmacolóxico e científico, vetando en
infinidade de países a investigación con
células nai, imprescindible para curar
enfermidades como o alzhéimer.
Xa o fixeron coa gripe A, tal e como antes o
intentaron coa aviaria. Mentres o mundo arranxa
os seus estragos, eles se unen e gañan diñeiro
e terreo, investigan, descobren, calan e
prohiben (Deus vénlles moi ben para iso). Non
lles gusta que o coñecemento estea ao alcance
de todos, por iso, apelando a políticas boistas,
paran ou retardan todo progreso alleo. Mentres
a humanidade camiña en círculos, a ultradereita
católica acumula riquezas e poder... E o que é
peor: non se decata de que todos perdemos...
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript