setembro de 2010
 
 

21/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Zapatero visitou o FMI

O Presidente do Estado fíxolle unha visita ao FMI para, de xeito oficial, renderlle pleitesía, debaixo do brazo leváballe, como fiel servidor. un agasallo, o compromiso de reformar o sistema de pensións este ano.

 

  • Noticias relacionadas

Iníciase, de xeito formal, un proceso que concluirá cunha mascarada na reunión, a porta pechada, no Congreso os días 6 e 7 de outubro da mesa e portavoces do chamado Pacto de Toledo, da que sairá un informe que servirá de base para a toma dunha decisión xa anunciada. O Goberno opta unha vez máis por impoñer unha reforma á marxe dos “interlocutores sociais”. Principia o percorrido  para conseguir a aprobación parlamentaria, iniciando contactos con PP e CIU.

Até agora, como é habitual, os/as encargadas de sinalar o camiño por onde irían as políticas neste sentido foron os Ministros de Traballo e a Ministra de Economía.

Para os sindicatos presentes no Pacto de Toledo iso non significaba que a decisión fose firme e reclamaban que calquera acción que afectase ás pensións se tomase no marco das reunións do Pacto de Toledo.

Este goberno axeonllouse diante do FMI, e servilmente entregoulle a carteira cos deberes cumpridos, a reforma laboral e anuncioulle que , de xeito inmediato, cumpriría as súas directrices procedendo á reforma das pensións. Isto de momento porque o Presidente do Goberno xa dixera con anterioridade que se aproximan dous ou tres anos de “reformas” e que non lle tremerá o pulso á hora de aplicar as políticas que o “País necesite”.

Coas presas en “facerse querer” polos poderes fácticos chafoulles aos sindicatos maioritarios a representación dun desacordo na reunión do Pacto de Toledo.

Os sindicatos saben xa que cando os convoquen á reunión as decisións xa estarán tomadas.

Os sindicatos maioritarios teñen que decidir si irán a esa “actuación” como actores convidados ou retoman as mobilizacións facendo da clase traballadora o actor principal.

O capital continuará  agredindo á clase traballadora. queren afogarnos na precariedade. A cada agresión ten que corresponder unha resposta, coa folga do día 29 non abonda!

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript