Setembro de 2010
 
 

23/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Por fin a CIG quitouse a careta

 

 

Non é sen tempo.

 

A RPT é un elemento transcendente na configuración do colectivo, marca o devir de anos na traxectoria do PAS Laboral (a anterior RPT é do ano 2005). Como tal hai que valorala no seu conxunto.

 

 


Partimos dunha decisión do Comité de Empresa de abordar a negociación da RPT cos seguintes principios:

  1. *   Non renunciar a ningunha das prazas xa acordadas e consolidadas en anteriores RPT’s

  2. *   Que a Transitoria II se executase para a totalidade do grupo IVA e IVB.

  3. *   Consolidación dos contratos de 3+3 porque a súa existencia e continuidade así o xustificaban.

  4. *   Continuar coa profesionalización da xestión (no colectivo formado por máis de 300 traballadores/as, de momento só existen, na RPT catro “xefes de servizo” en Obras, Parque Móbil, Prevención e en Deportes, os outros servizos están dirixíndose por fontaneiros ou traballadores de “quita e pon”).

  5. *   Rematar coas ETT’s como xeito de contratación na Universidade, acabar co subemprego, contratos tipo Labora….

A fase de negociación concluíu, esencialmente,  en:

  1. *   Que a Transitoria II se executase na súa totalidade e que abarcase aos colectivos dos grupos IVA e IVB.
  2. *   A desaparición do Coordinador de deportes.
  3. *   A diminución de dúas prazas de Auxiliares de servizo nas conserxerías da Reitoría e da Fac. Económicas e Empresariais.
  4. *   Nada de consolidación dos contratos de 3+3 co cambio de filosofía de negociación calquera posto de traballo computaba para as 38 prazas.
  5. *   Desaparece a contratación de traballadores/as de programas  tipo Labora  nas aulas NET, os bolseiros, por desgraza,  aínda non conseguimos que desaparezan (no ano 2008 segundo a listaxe que se xunta contratáronse 23 Técnicos FP2 "Labora") por 3 Técnicos especialistas en informática máis na RPT (en total na proposta que a CIG aceptaría serían 7 téc. esp. Infor., dos que 3 xa están contratados con contratos de 3+3 para a atención telefónica,  1 sería para o servizo de rede e outros 3 serían os que realmente substituirían a eses 23 "Labora"). Pero esixiría, tamén,  a aceptación da desaparición da praza de Coordinador de deportes (unha das prazas que era, en principio,  irrenunciable).
    • Este cambio á CUT parécelle impresentable.
  6. *   No marco da negociación sucedéronse circunstancias impropias de algo tan importante para o colectivo. Variación de posicións na Xerencia sen explicación ningunha (prazas que eran “irrenunciables”, por exemplo en Normalización Lingüística e Prevención de Riscos, desapareceron dun plumazo).
    Houbo, a última hora, un cambio radical na negociación, pasouse de  negociar tendo en conta os cartos, un 5% da masa salarial (nunca se chegou a cuantificar realmente) a negociar tendo en conta o número de prazas, sendo estas limitadas a 38 nin unha máis.

Temos que dicir que o elemento transcendente, tal e como se dixo nas asembleas, que nos tivo negociando todo este tempo foi a negociación da  Transitoria II, a consecución de que afectase a todos os grupos (IVA e IVB) foi decisiva. Tamén temos que dicir que se isto se conseguiu foi grazas á insistencia da CUT, a CIG xa negociara noutra época a afectación limitada desta cláusula.

Mantivemos até a última posibilidade a negociación aberta porque queriamos que a asemblea tivese unha base sobre a que tomar a decisión. Manifestamos ao resto dos sindicatos que, do mesmo xeito que a asemblea era decisoria para o desconto do 5%, tamén o sería para a RPT.

  1. *   Nin a CIG, nin a Xerencia nos poden esixir que renunciemos á profesionalización da xestión, cousa implícita no cambio da praza de Coordinador de deportes por outra de Téc. esp. en informática (o cambio tampouco sería moi bo,  23 subempregos convertiríanse en 3 na RPT ).
  2. *   Tampouco se nos pode pedir que aceptemos que continúe a praza de Coordinador de deportes diminuíndo entón as prazas de Técnico especialista a dúas (todas son necesarias).
  3. *   Qué cambios houbo, desde a última RPT, nas labores das conserxerías que obrigue á redución de efectivos nos dous centros sinalados?

O que intenta a Xerencia e acepta a CIG é que a responsabilidade do cambio sexa dos traballadores/as que renunciariamos a unha parte das nosas reivindicacións o que limitaría a nosa capacidade para volver a reclamalas noutra ocasión (a renuncia sería nosa).

  1. *   Non se pode pedir ao colectivo que acepte, de bo grado, que 38 prazas son suficientes porque necesitamos moitas máis (desde o ano 2005, última RPT, corresponde a unhas 7 prazas por ano. Qué porcentaxe anual representa?. As RPT é obrigatorio elaboralas, como mínimo, cada dous anos, qué porcentaxe bianual representa?), a Xerencia e, por extensión, a CIG, unha vez máis,  fan as contas que lles interesan.

É unha pena que celebrándose dúas asembleas (Ferrol  e Coruña) os representantes da CIG non dixeran nada nelas, aínda sendo reclamada o pronunciamento de todos os sindicatos presentes por parte do Secretario do Comité.

Ese era o momento de clarificar e valorar cos traballadores/as presentes as súas aportacións. Agora, cando corresponde tomar algún tipo de acción pola dilación, tamén, neste asunto por parte da Xerencia (que demora, innecesariamente, o envío da proposta definitiva), descólganse,  máis de 2 meses despois de feitas as asembleas.

A CIG e todos os sindicatos presentes no Comité estivemos de acordo na formulación dunha proposta alternativa que conducise a un acordo, proposta rexeitada de plano pola Xerencia e Reitor.

O Comité non é o culpable do retraso na RPT, a Xerencia e Reitor foron informados do resultado das asembleas nos días seguintes á súa celebración. No canto de votarlle a culpa a quen non resposta (a Xerencia), é máis fácil votárllela aos compañeiros, por certo a CUT leva emprazando, no Comité de Empresa, desde o mes de xullo, a executar algún tipo de acción que sistematicamente se rexeita.

Resulta estraño que a CIG recorra á situación de crise xeneralizada para  aceptar esta proposta (incitando ao conformismo) cando un pouco máis abaixo no seu propio comunicado vai un cartel convocando a unha folga para que, en definitiva, esa crise que se argumenta a paguen os que a crearon.

As asembleas tomaron a decisión.

Insistimos, convocáronse asembleas, nelas era o momento e o lugar onde expresar as diferencias si estas existían.

Os traballadores/as pronunciáronse. o Comité ten a obriga de trasladar as decisións dos traballadores/as á empresa e iso foi o que fixo.

Como o que nos queda é que a Xerencia nos comunique a proposta definitiva, o que temos que facer é obrigarlle a que o faga o maís rápido posible, para iso unha das cousas que se precisa é que o Comité actúe coa unidade necesaria. A responsabilidade obríganos a non  respostar ningún escrito máis que se refira á negociación da RPT.

Nada que dicir da polémica dos 110 euros (significaba a venta da transitoria e, polo tanto, a non desaparición do grupo IVB). Xa se fixeron, no seu momento, as asembleas para tomar a decisión pertinente ás que, casualmente, faltou a persoa que remite o correo.



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript