No anterior PASquín diciamos que Altia, empressa que realizou a paáxina web institucional podía, dado o volume de traballo que fai para a Universidade, ter un local na UDC.
Pois parece que sí o ten.
Noutro PASquín anterior informabamos, tamén, de que se recorrera a convocatoria da escala auxiliar por quenda libre.
A universidade, polo que sabemos, entende que non á lugar á impugnación e pensa continuar co procedemento.
O ataque que padecemos e o que se nos ven enriba é de tan amplo espectro que, sen dúbida, nos afectará a todos/as.
Segundo as cifras da Consellería de Traballo, durante o pasado mes de agosto preto de 29 traballadores foron despedidos ao día na Comunidade por medio de Expedientes de Regulación de Emprego (ERE).
O número de ERE presentados na comunidade crece durante agosto ata afectar a 6.603 traballadores no que vai de ano.
"Precísase unha Lei de folga, iso está clarísimo""300 traballadores dunha empresa de 7.000 como Metro" ao negarse a cumprir os servizos mínimos, "puxeron en xaque a 6 millóns de cidadáns madrileños". Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid.

Porque se trata dunha norma lesiva e regresiva contra o único idioma propio de Galicia, contraria a normas de rango superior como a Lei de Normalización Lingüística e o propio Estatuto.

A Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, anunciou en rolda de prensa en Santiago de Compostela a chamada do Sindicato Labrego Galego a todo o agro (produtores/as, empresas, cooperativas, entidades provedoras, recolledoras, etc.) á participación na xornada de folga xeral convocada para o vindeiro 29 de setembro en todo o Estado español.

A convocatoria está sobradamente xustificada, xa que as medidas contra a crise que se están a achegar (rebaixa das condicións laborais, axudas á banca, posible alza da idade de xubilación, etc.) están a significar un inxusto transvasamento de riqueza dende as clases máis populares ás máis adiñeiradas.

A semana pasada non houbo novidades
O Presidente do Estado fíxolle unha visita ao FMI para, de xeito oficial, renderlle obediencia, debaixo do brazo leváballe, como fiel servidor. un agasallo, o compromiso de reformar o sistema de pensións este ano.
Iníciase, de xeito formal, un proceso que concluirá cunha mascarada na reunión, a porta pechada, no Congreso os días 6 e 7 de outubro da mesa e portavoces do chamado Pacto de Toledo, da que sairá un informe que servirá de base para a toma dunha decisión xa anunciada.
ASi os empresarios despiden traballadores/as, el o que máis, uns 3.000 en menos dun ano.
Os despidos, en moitos casos, estiveron acompañados de posicións máis típicas dun escravista que dun empresario. Xa sabemos que o capital non ten sentimentos, iso está absolutamente reñido coa condición de explotador, este individuo sitúase no pico da pirámide do empresariado “pirata”.
O comité reclamou axilidade nas convocatorias e a remisión do proxecto definitivo de RPT
CONVOCATORIAS:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript