setembro de 2010
 
 

21/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Esperanza Aguirre non quere folgas.

"Precísase unha Lei de folga, iso está clarísimo""300 traballadores dunha empresa de 7.000 como Metro" ao negarse a cumprir os servizos mínimos, "puxeron en xaque a 6 millóns de cidadáns madrileños". Esperanza Aguirre, presidenta da Comunidade de Madrid.

 

 

  • Noticias relacionadas

Hai dous principios que se desenvolven na folga:

  1. As folgas son o principal recurso que tivemos e temos os traballadores/as para conquistar dereitos e para defendelos cando pretenden arrebatárnolos.
  1. Unha folga é un xeito de presión e se os seus efectos non se notan, na produción ou nos servizos, tal presión non existe, a propia folga non é tal.

Cando a folga foi un dereito legalmente recoñecido os servizos mínimos pasaron a negociarse de xeito formal entre a dirección das empresa e os representante dos traballadores. O feito da obrigatoriedade da negociación tería que ser un principio ineludible nas convocatorias, pero a determinación dos servizos mínimos pasou a ser unha imposición empresarial. Os servizos mínimos son, xeralmente, tan elevados que votan por terra o sentido da convocatoria da propia folga pola súa falta de eficacia.

Exemplos deste tipo de actuacións hai moitos, recentemente no Concello de Sada, vila próxima á Coruña, o alcalde que presume de ser da CIG a raíz da convocatoria de folga dos traballadores/as da limpeza (en total 12) impuxo uns servizos mínimos de 7, podían ir á folga só 5 traballadores, diante desta circunstancia os propios traballadores decidiron desconvocar a folga e proceder, en principio, pola vía xudicial denunciando os servizos mínimos abusivos.

Ponse aos traballadores/as nunha diatriba de resolución difícil, ou se desobedecen eses servizos mínimos impostos, ou se recorren  pola vía xudicial.

De optar pola primeira vía, non cumprilos, a folga pasa a ser para o empresariado e para a denominada falsimedia (prensa do réxime) unha folga salvaxe, ao denominala deste xeito queren desprestixiala e presentar diante da opinión pública aos traballadores coma delincuentes terroristas que non cumpren a legalidade. Isto aínda que quen incumpriu a legalidade é o empresario que impón uns servizos mínimos ilegais a sabendas.

Si se opta pola segunda alternativa, a denuncia, esta estáncase nos xulgados, cando o xuíz se pronuncia uns anos despois, case sempre a favor dos traballadores, as circunstancias que provocaron a medida de presión ou desapareceron ou a situación está tan podre que xa é irrecuperable.

Gustaríalle á dereita retrotraernos á épocas en que a folga era ilegal. Como isto parece, de momento, impopular queren que no caso de convocarse sexa baixo uns principios tan restritivos que a convertan en absolutamente “descafeinada”, cuns servizos mínimos tan elevados , que resulte totalmente ineficaz, que non se note para poder saír ao púlpito a dicir aquilo de que “Todos os servizos funcionan con normalidade”.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript