21/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
"No anterior PASquín informamos da nova páxina web institucional. Diciamosvos que se fixera mediante unha externalización e que a empresa que a realizara era Altia. Tamén vos comentamos que a esta empresa, dado o volume de licitacións que desenvolve para a Universidade podería perfectamente ter un local na istitución.
Pois abondou
poñer iso no xornal para que nos avisasen de
que xa o ten, en concreto no CITIC.
Conséguese, deste xeito, a cuadratura do
círculo. Xunto cos traballadores da institución
irán instalándose sucesivas empresas ás que se
lles irá asignando cada vez máis tarefas
limitando as dos traballadores institucionais,
así, pouco a pouco, a privatización farase
total a non moi longo prazo.
Coincídese nestas actuacións coa dereita máis
radical que fundamenta a súa política económica
no desmantelamento da administración pública.
Tense que afinar o discurso. Por un lado
reclámase da administración autonómica máis
orzamento para que, como institución pública,
se poida ofrecer un servizo da calidade que a
sociedade demanda e por outro lado vaise
deixando un regueiro de privatizacións.
Como se ve
a
coherencia brilla pola súa ausencia, outro
detalle, nun PASquín anterior informábamos,
tamén, de que se recorrera a convocatoria de
auxiliares administrativos por quenda libre.
Dúas das razóns eran:
·
Que non
contemplaba a posibilidade de que se
presentasen maiores de 16 anos.
·
Que non
establecía o tribunal.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript