16/08/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Malos tempos para os
traballadores
Ultimamente non corren bos tempos para o mundo
laboral. A recente reforma, tras dous meses de
tramitación, incorpora -entre outras cousas- un
maior control para os desempregados e facilita
o despedimento por absentismo laboral.
E é que hai os que pensan que nesta época que
nos toca vivir
-paradoxalmente gobernados por mentes de
presunta ideoloxía socialista- estas medidas
supoñen todo un regalo para o empresario, dado
que lle permite poñer de patiñas na rúa
calquera traballador antigo a prezo de saldo
para suplilo deseguido por outro mozo en
condicións precarias.
Por iso, que necesarios son sempre nunha
sociedade auténticos líderes que non se
engurren ante nada nin ante ninguén -tanto
políticos coma dirixentes sindicalistas-
poñendo a solución axeitada aos problemas.
A nosa democracia vive tempos
difíciles
A democracia necesita disposicións
institucionais que comecen pola formación de
cidadáns e continúen polas que incitan a unha
máxima participación na vida política,
colectiva, etc. Pero que vemos na nosa
sociedade? Que se demoniza a Educación para a
Cidadanía despois de máis de 30 anos de
“democracia”. Expándese a xenofobia,
criminalízase o diferente pola súa relixión,
pola súa etnia xitana, por vir doutra parte.
Faise pagar a crise aos humildes asalariados e
preténdese rebaixar
o auxilio aos millóns de desempregados.
E por se fose pouco, o PP bloquea os órganos ao
servizo de todos, unha forma de corrupción
política que se amplía na corrupción económica,
negando as evidencias policiais e xudiciais.
Promove a opacidade. Non aprecia a unidade na
diversidade. Fomenta a desigualdade.
Urxe formar un país de cidadáns e parar a
fábrica de resentidos políticos.
O dereito á folga e a
necesidade desta
Todas as folgas son lexítimas se teñen motivos
abondo, e esta que se convocou para o próximo
día 29 de setembro ten unha gran colección
deles. A inmensa maioría cabal deste país leva
moitos meses utilizando todos os altofalantes
de que dispón para criticar aquilo que non
debería ter sucedido. Estamos inmersos nunha
grave crise da que non somos culpables e que,
en cambio, estamos a pagar e seguirán pagando
as próximas xeracións se non poñemos remedio a
iso. Con esta oportunidade desenmascaráronse
máis claramente que nunca os que manexan as
marionetas. Todos estamos vendo como os
mercados son os que tomaron as rendas do noso
futuro e eles son os que decidirán, por nós,
como non poñamos remedio, se o futuro será
brillante ou, pola contra, novamente gris.
Os sindicatos quítanse o po e actúan
Dende o pasado xuño, estamos a ver como os
sindicatos se desempoaron, limpan as arañeiras
e sacódense a caspa de tantos e tantos anos de
sindicalismo institucional, tecnócrata e de
despacho.
E é que nestes últimos meses están a recuperar
a súa esencia. Volveron ás súas orixes.
Volven pisar as empresas, devolven o
protagonismo aos delegados de persoal e comités
de empresa. Por primeira vez en moitos anos
volveuse acender a chama da conciencia de
clase. Temos que ser capaces de ver e asumir
esta realidade.
Debemos tomar a folga xeral do próximo 29 de
setembro non como unha meta, senón como un
inicio.
O inicio dun longo camiño por percorrer, de
mobilización permanente, de sindicalismo activo
e militante, de reivindicación constante, de
inconformismo e rebeldía social.
Se non somos capaces de velo así, o 29 de
setembro, sexa cal sexa o resultado, será un
fracaso no que acabaremos afundíndonos todos
arrastrados polo propio sistema.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript