13/09/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Forzado pola evidencia reflectida nas estatísticas oficiais, “o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, admitiu nunha reunión da executiva federal do PSOE o fracaso das políticas activas de emprego, cuxos resultados, afirmou, non se corresponden co elevado investimento de 50.000 millóns de euros que se destinou a elas.”
Só un presidente do Goberno
como Zapatero puido pensar que ía ser doutro
xeito.
A reforma laboral propicia
a
precarización das relacións laborais dun xeito
absoluto.
En época de crise xeneralizada, onde á porta de
cada empresa hai centos de traballadores
pedindo emprego. A alguén lle cabe na cabeza
que, podendo contratar a un traballador/a de
xeito precario, asegurándose o despido sen
indemnización ningunha e cando lle veña en
gana, o empresario vai contratar de xeito
indefinido?.
Recoñecer a súa ineptitude e a falta de
previsión non lle confire máis credibilidade á
política gobernamental, todo o contrario, é un
factor máis na improvisación xeneralizada que
deriva das actuacións do Goberno.
O curioso do caso é que cando se aprobou a dita
reforma, o día 9, consolidáronse os dous
preceptos.
Claro que se percataron
da dicotomía (favorecer o despido
xeneralizado, reforzando a contratación
temporal e subvencionar o contrato indefinido,
homologado ao de fomento), o
que pasa é que a reforma laboral ten unha
finalidade demostrada nas estatísticas e que
coincide coas directrices emanadas do FMI e do
BCE, todos/as precarios/as.
Na etapa de Zapatero ao fronte do Goberno do
Estado pasamos de ter como posibilidade próxima
(aspiración con visos, dicían, de realidade) o
pleno emprego a ser o Estado da Unión Europea con máis paro.
Esta circunstancia manifesta:
*.- Que o tipo de emprego existente era xa,
nesa época, moi precario. A eventualidade xa
era xeneralizada sendo os traballadores/as
nesta situación os primeiros en sufrir as
consecuencias da “crise”. A estes traballadores/as
fóronlles rescindindo contratos sen a máis
mínima contestación. Os sindicatos “oficiais”
optaron por mirar para outro lado.
*.- Que a lexislación xa era moi permisible coa
precariedade laboral, dando carta de
lexitimidade a ese tipo de contratación.
Levamos anos sendo o pais da UE con máis paro,
a situación non se reverte porque ao
empresariado, ao capital, interésalle que se
manteña unha gran bolsa de paro, sen control,
que posibilite a implantación de políticas cada
vez máis restritivas e que engordan cada vez
máis os seus petos, as políticas do tipo da
reforma laboral aínda llo facilitan máis.
O propio Ministerio de Traballo recoñece que as
cifras
de paro non variarán nos vindeiros anos.
A única
política que cambie a situación virá dun cambio
radical nas relacións laborais, que impoña á
contratación estable e con dereitos.
Este Goberno non o vai facer se non lle
obrigamos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript