setembro de 2010
 
 

13/09/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

Persoal contratado con cargo ao Capítulo VI, a precarización total

A Universidade precarizou e precariza sistematicamente os postos de traballo. Os actuais rexedores fixeron, neste eido, o mesmo que os seus antecesores.

 

 

No PAS laboral os “amigos”seguen tendo un posto nas direccións de servizo, e os poucos PAS que exercen esas funcións son de “quita e pon”. A profesionalización da xestión non existe.

A desmedida restrición no gasto de persoal levou á UDC a optar polos servizos financiados por outras administracións, en xeral a Xunta de Galicia que cos seus fondos sostén moitos dos postos de traballo do Capítulo VI que, polo súa necesidade permanente, deberían ser desenvolvidos por PAS da propia institución.

A precarización absoluta nestes traballos leva a que, dada a súa necesidade estrutural, os traballadores/as sexan contratados, de xeito ininterrompido, durante motos anos, traballado tanto ou máis que os traballadores da propia institución pero moito peor pagados, pesa sobre eles constantemente a “espada de damocles” do despido.

Afortunadamente estes traballadores/as van, pouco a pouco, adquirindo conciencia dos seus dereitos e, cada vez máis, denuncian pública e nos xulgados, a súa situación.

A denuncia pública aféctalle de xeito especial á institución porque proxecta a imaxe real dunha institución con problemas e pouco transparente na xestión, é unha imaxe moi difícil de contrarrestar. A denuncia xudicial leva implícita, entre outras cousas, a indemnización pertinente, indemnización que se paga cos cartos de todos/as pero, así como, sen ir máis lonxe, se restrinxe nas RPTs, para isto non hai problema en pagar.

Os xuíces valoraron, en todas as sentenzas que coñecemos, que o feito da continuidade durante anos no posto de traballo, ou a reiteración de contratos, fai que este sexa considerado como necesario para a institución e decretaron, en todos os casos, o contrato do traballador/a que denunciou como indefinido ou condenou á Universidade ao abonamento dunha substanciosa indemnización.

Os postos de traballo do Capítulo VI, pola  procedencia do diñeiro e pola selección dos traballadores préstanse, dun xeito especial á precariedade total.

Consideramos que os traballadores/as contratados ao abeiro do Capítulo VI debería desaparecer ou ser anecdótica a súa existencia.

As necesidades laborais da Universidade deben exercerse, na súa totalidade, con traballadores/as da propia institución.

Hai que, neste Capítulo, desenvolver a madeixa de categorías e proxección das mesmas. Neste colectivo de traballadores/as hai moitos que deberían integrarse dentro do colectivo de PAS e outros dentro do colectivo de PDI. Mentres que isto non suceda, e a Universidade é contraria a esta solución, a precariedade está garantida.

Até que a solución definitiva non se alcance apoiámolos nas súas xustas reivindicacións que consisten en ter os mesmos dereitos económicos, laborais e sociais que o resto dos que traballamos na UDC.

Queremos amosarlles a estas traballadoras/es do Capítulo VI a nosa solidariedade. En nós atoparán sempre o apoio solidario que as súas reivindicacións merecen.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript